maré

preferentes pontevedra
ECONOMÍA

Unha maré solidaria exixe en Pontevedra unha solución xusta ao calote das preferentes

Milleiros percorreron as rúas de Pontevedra, convocados polo Concello, para demandar a devolución do 100% dos aforros aos afectados polas preferentes. “Non ao saqueo”

Corcoesto
SOCIAL

“Se a mina non fai dano, que a leven a San Caetano”

Centos e centos de persoas, procedentes de diferentes comarcas de Galiza, maniféstanse en Carballo para mostrar o seu rexeitamento e oposición ao proxecto mineiro de Edgewater en Corcoesto. "Unha agresión ambiental, económica e mesmo social a esta comarca e a este país".

SOCIAL

Maré de solidariedade exixe o translado a Galiza da presa Noelia Cotelo

Recluída no cárcere de Brieva, a súa controvertida historia reabre a polémica arredor dos abusos e torturas e da dispersión a que fican submetidas as persoas presas no sistema penitenciario español
Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
SOCIAL

Maré de peticións á Xunta para que poña fin aos convenios cos centros que segregan por xénero

Colectivos sociais, sindicais e políticos instan á Xunta a que corte a billa da subvención aos colexios que segregan por sexo, e aos que destinaba tres millóns de euros. Apontan que a sentenza do TSXG anulando eses concertos debe ser acatada desde xa pola Xunta
SOCIAL

Unha maré feminista inunda Compostela en prol dos dereitos das mulleres

O feminismo galego saiu ás rúas da capital galega ao berro de "deixa pasar, son feminista e o mundo vou mudar!". Vídeo no interior
SOCIAL

Máis unha maré pola sanidade pública convida o PP a "reflexionar" por ter "todo o mundo en contra"

Desta volta a convocatoria de SOS Sanidade pública foi en Ferrolterra, onde miles de veciñ@s reclamaron o centro de saúde que a Xunta ten comprometido para a cidade departamental
Maré cidadá na Coruña
Galiza

Maré cidadá por unha democracia real e “contra o golpe de estado financieiro”

Unha maré cidadá desatouse este sábado en Galiza, con milleiros de persoas nas rúas en protesta contra “o golpe de estado financieiro”. Reclaman unha democracia real sen recortes e con dereitos sociais.
Asamblea PAS Universidade
Galiza

Convocan mobilizacións na defensa da universidade pública

As organizacións convocantes rexeitan os recortes nos Orzamentos da Xunta para 2013. "Poñen en perigo a universidade pública e o desenvolvemento futuro de Galiza". Acordaron un calendario de mobilizacións que contempla entrevistas cos grupos parlamentarios, concentracións, aulas na rúa, pitadas e mesas redondas, entre outras.
lomce
Galiza

Maré contra a LOMCE en toda Galiza

A xornada de folga convocada no ensino contra a Lei da Wertgoña baleirou os centros educativos e encheu as rúas baixo a palabra de orde de "o ensino é un dereito, non un privilexio"
LINGUA

Maré de reaccións contra o recurso da Xunta ao Supremo para salvar o 'decretazo'

Organizacións políticas, sindicais ou cidadás amosan o seu rexeitamento á decisión da Xunta de presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo para intentar enmendar o lapote que lle deu o TSXG ao seu decreto de 'pulrilingüismo'
Cantos na Maré 2013
Ao vivo

Cantos na Maré pon o público en pé no 10º aniversario

O Festival galego da lusofonía celebra o seu décimo aniversario co público cantando o "parabéns para voçê".
CULTURA

Pontevedra prepárase para a festa do décimo aniversario de "Cantos na Maré"

Os ensaios xa comezaron no Pazo da Cultura de Pontevedra. Baixo a dirección artística de Uxía e musical de Paulo Borges, Rui Veloso, Chico César, Sés e Cheny Wa Gune preparan, cunha banda internacional, a grande festa da lusofonía que este ano chega ao seu décimo aniversario. Cantos na Maré comezarán a soar o sábado ás 21 horas.
Venezuela
INTERNACIONAL

Unha maré vermella apoiará a Chávez o 10 de xaneiro

O presidente da Asemblea de Venezuela, Diosdado Cabello, anunciou a convocatoria dunha mobilización nacional en apoio ao presidente Chávez o vindeiro día 10 de xaneiro. Neste acto de masas participarán mandatarios doutros países da rexión como o presidente de Uruguay, José Mújica.
CULTURA

"Cantos na Maré" convida ao seu décimo aniversario

Se alguén podía ter imaxinado o Cantos na Maré, esa é Uxía. Especialista en felices parcerías, creou hai xa dez anos o que ía ser o máis vibrante proxecto de encontro musical da lusofonía. Para conmemorar o décimo aniversario, convoca en Pontevedra o día 12 de xaneiro, músicos de todas as marés, dos distintos océanos. Chico César do Brasil, Rui Veloso de Portugal, Sés da Galiza e Chenyy Wa Gune de Monçambique, con Uxía como anfitriona protagonizarán un aniversario de luxo.
CULTURA

"Cantos na Maré" convida ao seu décimo aniversario

Se alguén podía ter imaxinado o Cantos na Maré, esa é Uxía. Especialista en felices parcerías, creou hai xa dez anos o que ía ser o máis vibrante proxecto de encontro musical da lusofonía. Para conmemorar o décimo aniversario, convoca en Pontevedra o día 12 de xaneiro, músicos de todas as marés, dos distintos océanos. Chico César do Brasil, Rui Veloso de Portugal, Sés da Galiza e Chenyy Wa Gune de Monçambique, con Uxía como anfitriona protagonizarán un aniversario de luxo.
imaxe da mobilización nacional das mulleres o 8 de marzo de 2011 en Compostela
SOCIAL

Maré de mulleres reclama a débeda dos gobernos ''con nós, non cos bancos''

O 4 de outubro presentarase unha campaña internacional da Marcha mundial que rematará o 8 de marzo. Dela farán parte até 12 países e pretende exixir que os dereitos das mulleres deixen de estar suxeitos aos intereses do capital e se coloquen no centro do debate social
SOCIAL

Máis unha maré clama ''saúde!'' para a educación e a sanidade públicas

Miles de persoas botáronse á rúa este domingo en Compostela en contra dos recortes que poñen en xaque os dereitos sociais
Fernández Paz ante os milleiros que encheron A Quintana
17 DE MAIO

Maré polo galego en Compostela

Máis de 25.000 persoas, segundo a organización convocante, encheron as rúas de Compostela para rexeitar os ataques ao galego e reivindicar o dereito a vivirmos na lingua propia da Galiza