Maré cidadá por unha democracia real e “contra o golpe de estado financieiro”

Unha maré cidadá desatouse este sábado en Galiza, con milleiros de persoas nas rúas en protesta contra “o golpe de estado financieiro”. Reclaman unha democracia real sen recortes e con dereitos sociais.
Maré cidadá na Coruña
photo_camera Maré cidadá na Coruña

Pola mañá na Coruña e pola tarde en Compostela, Pontevedra, Vigo, Ferrol, Lugo, Ourense, Redondela e Vilagarcía, a maré cidadá inundou e está a inundar rúas en protesta polo “golpe de estado financieiro” e na defensa de dereitos e liberdades públicas.O "Grândola, Vil

a Morena" converteuse na banda sonora en boa parte das mobilizacións. 

Nun día marcado con especial forza no calendario reivindicativo ao se cumpriren os aniversarios do intento de golpe de estado militar e máis da maior manifestación galega en Madrid, que tivo lugar hai dez anos contra o atentado do Prestige, as rúas galegas viviron unha xornada de protesta na que se demandan dereitos e liberdades contra os recortes impostos polo PP.

A marcha da Coruña, a única celebrada pola mañá, coincidiu coa manifestación das preferentes, causa que tamén asumiu a maré cidadá, así como o dereito a unha vivenda digna, o que ficou en especial evidencia ao pararen diante da vivenda de Aurelia, a muller que vive estes días a ameaza de desafiuzamento. “Chamamos a confluencia de aqueles colectivos e persoas que nos vemos violentamente afectadas polas políticas de recortes e polo saqueo do público que se está a exercer desde o poder político institucional” sinalaban na convocatoria que levou á rúa milleiros de persoas por todo o país. Máis de oitenta cidades en todo o Estado secundaron tamén esta mobilización.

 (Arriba, imaxe da manifestación na Coruña. Á dereita, da de Ourense)

Comentarios