inclusión

Membros da Asociación Profesional de Guías de Turismo da Galiza en Compostela, hai tres anos (Foto: APIT).
SOCIAL

A profesión de guía busca adaptarse este ano 2022 ao turismo inclusivo

A Asociación Profesional de Guías de Turismo da Galiza (APIT) lembrará este domingo que esta actividade ten que ser inclusiva e contar con colectivos de discapacidades diferentes. Con esta intención, presentará unha nova plataforma de formación.
Manifestantes na marcha do Día da Muller, o pasado 8 de marzo, en Compostela (Foto: Arxina).
SOCIAL

A Xunta abre unha liña de axudas para a atención de mulleres vulnerábeis: quen pode percibilas?

O programa conta cun orzamento total de 1,4 millóns de euros, e cada entidade beneficiaria poderá percibir un máximo de 40.000 euros.

A Educación Social acompaña, non asiste

O recoñecemento dos dereitos das persoas con discapacidade urxe medidas efectivas a todos os niveis (Foto: Down Galiza).
SOCIAL

Día das Persoas con Discapacidade: Linguaxe inclusiva, a importancia das palabras

O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Un cento de entidades sociais da Galiza, integradas por usuarias, profesionais, familias e persoal voluntario, reclama "non máis vulneración dos nosos dereitos".

Protesta de emigrantes retornados ás portas do Parlamento galego en 2019 (Arquivo)
POLÍTICA

Feixoo exixe Escrivá facilitar o retorno de emigrantes á Galiza

O presidente da Xunta reclama medidas que favorezan a integración persoal e familiar das persoas retornadas, así como facilidades no proceso de volta á Galiza.
Presentación do ciclo de cinema que decorrerá en Vigo. (Foto: Festival de Cinema Inclusivo) #cinema #cinemainclusivo #vigo #festival #inclusión
CULTURA

Vigo da voz a máis de 50 apostas no cinema inclusivo

A sexta edición do Festival de Cinema Inclusivo da cidade decorrerá entre os días 12 e 16 de outubro. As proxeccións terán lugar no Auditorio municipal, o Cinema Salesianos e o Museo Marco tal e como aclararon as impulsoras na presentación desta sexta feira. Como elemento diferente con respecto a outros anos, o ciclo incluirá tres sesións novas dedicadas á igualdade, á discapacidade e ao público familiar.
O cobro da Risga e do ingreso mínimo son incompatíbeis na Galiza (Foto: Arxina).
SOCIAL

A Xunta busca adaptar a renda de inclusión galega ao ingreso mínimo, mais non avanza se serán compatíbeis

O Goberno galego inicia o proceso de reforma da Lei galega de inclusión de 2013 co fin de adaptar a renda galega de integración ao ingreso mínimo aprobado polo Estado. Faino máis dun ano despois, tras reclamar cobros simultáneos indebidos, e sen garantir aínda a súa compatibilidade na nova norma.
O acto de presentación deste evento deportivo caracterizado pola igualdade tivo lugar na xornada de onte na Devesa (Ribadeo). (Foto: Xunta).
DEPORTES

Rugby para todos e todas en Ribadeo

O campo de Outeiro acolle mañá un torneo inclusivo deste deporte.
Salientan o impacto social positivo da educación inclusiva. (Foto: Nós Diario).
21 de marzo, Día Mundial da Síndrome de Down

Por unha inclusión real das crianzas con síndrome de Down na etapa educativa

O lema 'Tan diferentes como iguais' volve marcar a conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down na Galiza, unha xornada que mestura celebración e reivindicación. Dos dereitos conquistados mais dos aínda pendentes de alcanzar. Entre outros, a inclusión educativa, capaz dun beneficio persoal e social.
Fotograma de 'De chaque instant', de Nicolas Philibert.
CULTURA

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo reforza a competición

Terá lugar entre o 13 e o 17 de outubro no Auditorio do Concello e nos cines Salesianos de Vigo.
cine, festival, cinema inclusivo, director
Un proxecto aberto a todas as persoas

Miguel Ángel Font, cineasta: “Quero facer á xente con discapacidade invisíbel cando vai ao cine”

“Un día dinme conta de que estabamos a deixar fóra ás persoas con discapacidade”, di o cineasta valenciano, que participa mañá na primeira edición de Cinemabeiro na Coruña, sobre a orixe do seu novo enfoque laboral. Nesta Mostra Internacional de Cinema pola Paz e a Non Violencia amosará algunhas das súas pezas creadas para e desde a inclusión.

 

Espectáculo de Helliot Baeza, dirixido por Antonio Aquiles. (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A Coruña torna na capital da cultura inclusiva

IX Encontro 'Artes pola Integración'
42250896_1581522935657558_r
DEPORTES

Un galego correrá un maratón co fin de recadar fondos para a síndrome de Down

Zancada a zancada pola carreira da integración
Escoita
DEPORTES

Escoitando o fútbol cos ollos da alma

A loita persoal de Jesús Suárez, un seareiro cunha enfermidade visual dexenerativa que lle impediu gozar do fútbol ao vivo foi o xérmolo de Escoita, un sistema tecnolóxico pioneiro no Estado español que permite ás persoas invidentes seguir os partidos grazas á narración dun equipo de profesionais.  
19_11_30_ManiEnsino
SOCIAL

A atención á diversidade no ensino público, no foco

As necesidades da atención á diversidade nos centros de ensino público galegos ecoan esta semana, coincidindo coa celebración do Día internacional das persoas con diversidade que se celebra esta terza feira.