Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O Goberno central vén de suprimir o principio de discriminación positiva que estabelecera a mediados da década pasada na política de fomento industrial en zonas sensíbeis que sufriran os efectos da reconversión. A comarca de Ferrolterra era, até o de agora, unha delas. Hoxe xa é un feito a desaparición do criterio territorial e, con ela, rematan perto de tres décadas de plans falidos. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 320 de Sermos Galiza.
Galiza mantén os prezos máis baixos de todo o estado. "Todas as partes que asinaron están incumprindo", aseguran.
Eis a crónica da primeira fase do mundial de fútbol feminino coa asinatura da ex seleccionadora nacional galega, Pili Neira.
Os datos de evolución do emprego e da povoación reflicten con toda claridade que a crise (un duro axuste da economía) estase resolvendo en función dos intereses das clases dominantes.
Un tanto de Gotze na prórroga dálle a Copa do Mundo á selección xermana fronte á unha Arxentina que estivo perto de levarse a final dun campionato que supuxo un fracaso para Brasil no futbolístico e no social e que tamén destacou pola desfeita de 'La Roja', que baleirou de bandeiras españolas as rúas.
Quenda de comparecencia dos sindicatos na comisión das caixas do Parlamento de Galiza. E puxeron branco sobre negro: as direccións obrigaron a comercializar as preferentes "como fose" e sabendo que produto era. Hai responsábeis políticos no "desastre" do desaparecimento das caixas. E o escenario actual é o que gorentaba a gran banca
Na LOMCE os elementos ideolóxicos son de especial relevancia e teñen como finalidade adaptar o sistema ao modelo neoliberal, xustificando as medidas postas en marcha nun dobre argumento: a loita contra o fracaso escolar e a loita contra o desemprego