Ffoco

Unha das imaxes da mostra.
CULTURA

O Festival Ffoco inaugura esta quinta feira a exposición 'Memorias do ceo'

A colección de imaxes pode recompoñer, a través dunha perspectiva inusitada e distante, un retrato da paisaxe e paisanaxe do país e as transformacións acaecidas nos últimos 40 anos.
Unha das fotos do proxecto gañador.
CULTURA

‘MAN’, do colectivo ourensán Cadela Negra, gana o III Premio Editorial de FFoco

Cortés e Cid amosan neste traballo a súa fascinación por Man e o seu legado artístico ao tempo que experimentan de primeira man o lugar onde habitou durante corenta anos.
'Medianeiras da Coruña', de María Meseguer.
star
Fotografía

Repensar as fronteiras a través da imaxe: comeza o Festival Ffoco da Coruña

Ffoco, o Festival de Fotografía da Coruña, reflexiona na edición deste ano sobre o concepto de fronteira, tentando pensalas dunha forma diferente. Desde esta sexta feira, 10 de novembro, e até o 31 de decembro, exposición, proxeccións, encontros, obradoiros e a xa imprescindíbel feira de fotolibros permitirán achegarse ao traballo que a fotografía realiza arredor dos conceptos de linde e límite.
Unha das fotos do proxecto AMA LUR de Jon Cazenave.
CULTURA

O Festival de Fotografía Ffoco reflexiona sobre as fronteiras

Jon Cazenave, un dos fotógrafos máis recoñecidos da súa xeración, será un dos protagonistas desta edición, cun traballo que retrata un territorio cargado de historia e maxia.
Unha das imaxes do proxecto 'Zona de sacrificio', de Catara Rego.
Festival de Fotografía da Coruña

FFoco retrata as cicatrices do territorio

O afundimento do Prestige, mais tamén os incendios, a extracción de recursos, a desecación da lagoa de Antela, a industria louseira... FFoco, o Festival de Fotografía da Coruña, reflexiona na súa sexta edición sobre as cicatrices que deixa no territorio a actividade humana e sobre a repercusión que ten sobre o imaxinario colectivo e a identidade.