Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O certame recoñece na súa sexta edición a tese doutoral de Adrián Dios Vicente, centrada na evolución histórica de Unión Fenosa.
Manuel Rivero (Vilela, Bande, 1953) é licenciado en Antropoloxía, Ciencias Políticas, Psicoloxía e Socioloxía. Traballou na banca comercial como especialista en recursos humanos. Desde sempre mantivo a curiosidade pola memoria e a historia daquel val asolagado que miraba desde a aldea, a cola do encoro. Onte sábado, en Muíños, ofreceu unha charla sobre As Conchas no setenta aniversario da inauguración (por Franco) do pantano. Mais a historia das Conchas empeza antes, conta, e cando menos, ten cen anos.
A Comisión nacional dos mercados e a competencia (CNMC) observa indicios de que ambas as dúas empresas manipularon os prezos entre outubro de 2016 e xaneiro de 2017.
Após recibir unha denuncia do grupo ecoloxista ADENCO, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil abriu expediente sancionador a Unión Fenosa, dadas as últimas actuacións acometidas nunha zona protexida do río Tea e que provocaron tanto o movemento do leito como a erosión do noiro.
Centos de familias compraron preferentes por medio da empresa eléctrica, o que lles impide acceder á arbitraxe e as deixa en mans da multinacional, que se amosa pouco disposta a devolver os cartos malia os seus escandalosos beneficios.
Pagan un importe total de 9 millóns de euros
Imaxino que para intentar limpar a súa deteriorada imaxe, Gas Natural Fenosa anda aireando ós catro ventos a suposta galeguidade do seu apelido. Publicitando a súa bondade e compromiso co medio, a cultura, o progreso e o benestar dos galegos segundo un anuncio co que nos bombardean un día se e outro tamén.
O grupo municipal nacionalista denuncia a actitude do goberno coruñés e pide que a empresa se responsabilice do derrubo pois, din, "era perfectamente coñecedora da ilegalidade".
Alternativa Galega de Esquerdas considera que nas erradas, para a cidadanía, decisións do PP está a explicación do escenario actual de suba de canon de lixo aos concellos.
A suba do 34% na factura do lixo que pretenden aplicar de maneira unilateral Xunta e Gas Natural implica un cambio nas condicións dos contratos asinados entre os concellos e Sogama levou a cinco concellos a convocar unha xuntanza para o 18 de novembro á procura dunha resposta conxunta dos municipios galegos contra un incremento que cualifican de "abusivo".
Susana Méndez, vicepresidenta da Mesa: “Animamos a cidadanía a presentar queixas nas oficinas de Consumo se a compañía lles nega a atención en galego”.
Após a absorción, Unión Fenosa Comercial pechará o seu centro de atención telefónica que dá servizo ao resto do Estado para o transladar a Catalunya. O comité de empresa advirte de que se van para fóra todos os servizos de asistencia telefónica que emprestan serán 311 @s traballador@s que quedarán sen emprego
Basagoiti notificou á empresa a súa decisión "irrevocábel" e demitir do posto de conselleiro independente. Posuía o 0,006% dos títulos da multinacional
Nun segundo accidente laboral un obreiro de Navantia Ferrol precipitouse ao baleiro desde unha altura duns sete metros namentres traballaba nun buque
Centos de familias compraron preferentes por medio da empresa eléctrica, o que lles impide acceder á arbitraxe e as deixa en mans da multinacional, que se amosa pouco disposta a devolver os cartos malia os seus escandalosos beneficios.