Basagoiti, ex-presidente de Banesto e Unión Fenosa, dimite como conselleiro de Pescanova

Basagoiti notificou á empresa a súa decisión "irrevocábel" e demitir do posto de conselleiro independente. Posuía o 0,006% dos títulos da multinacional

Antonio Basagoiti, ex-presidente de Banesto e Unión Fenosa, demite como conselleiro de Pedscanova, unha decisión "irrevocábel" que notificou á multinacional. Unha decisión que adopta días despois de que o xulgado decidise que todo o consello de administración da firma tiña que dar un paso atrás e que a xestión de Pescanova quedase en mans da administración concursal e CNMV.

No inicio da crise de Pescanova, varias entidades financeiras acredoras recoñecían sotto voce que gostarían de ver Antonio Basagoiti, conselleiro de Pescanova dese 1996, no sillón que ocupaba Fernández de Sousa.

Pescanova presentou esta semana un recurso de reposición ante o Xulgado número 1 de Pontevedra contra o auto polo que se afastaba da xestión da empresa ao consello de administración, por entender que non valora axeitadamente as "gravísimas consecuencias" que se derivarían desta decisión

Comentarios