Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A xira de Nós Diario pola edición do seu número 1.000 –que saíu do prelo o pasado sábado, 11 de novembro– recalou esta segunda feira en Corcubión (comarca de Fisterra), nun acto organizado pola Universidade Popular de Corcubión e polo Concello que decorreu na Capela do Pilar. No evento tomaron a palabra Rafael Mouzo, vicepresidente da Universidade Popular, Xoán Costa, presidente de Sermos Galiza –empresa editora do xornal–, e María Obelleiro, directora de Nós Diario, que puxeron en valor a necesidade da existencia o único xornal impreso en galego. A campaña polo número 1.000 deste diario continuará ao longo desta semana, visitando na terza feira Moaña (O Morrazo), na cuarta Verín, na quinta feira Vilagarcía (O Salnés) e OCarballiño na sexta feira.
O Salón nobre do Liceo de Ourense acolleu esta cuarta feira un novo acto da campaña coa que Nós Diario celebra a publicación do seu número 1.000, que sairá do prelo o vindeiro sábado, 11 de novembro. Ademais, na quinta feira, 9 de novembro, haberá un acto similar en Ferrol, no salón de actos do Antigo Hospicio da cidade das Burgas.
O evento desta cuarta, organizado pola AC Auriense baixo o lema "Mil números editados, mil subscricións máis", contou coa participación do presidente da entidade ourensá, Daniel Gómez, da poeta de Xunqueira de Ambía (comarca de Allariz-Maceda), Rochi Nóvoa, do avogado e integrante do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A., Nemesio Barxa, do presidente da empresa editora deste xornal, Xoán Costa, e da directora de Nós Diario, María Obelleiro.
A directora destacou o papel "indispensábel" que xoga o xornal para conseguir "sacar do ostracismo temas de actualidade que os poderes públicos, nomeadamente a Xunta da Galiza, queren agochar". Pola súa parte, Costa asegurou no acto que "Nós Diario depende de que haxa máis subscritoras e subscritores e máis apoio social".
O salón de actos da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo acolleu na tarde desta terza feira un novo acto organizado por Nós Diario con motivo da publicación do número 1.000, que sairá este sábado. O encontro contou coa participación do membro do consello de administración de Sermos Galiza -editora deste xornal- Nemesio Barxa, da xornalista María Xosé Porteiro, da directora de Nós Diario, María Obelleiro, e do presidente da sociedade editora do diario, Xoán Costa. María Obelleiro destacou o papel "indispensábel" deste xornal para conseguir "sacar do ostracismo temas de actualidade que os poderes públicos, nomeadamente a Xunta, queren agochar". A este respecto, destacou o papel do medio para "socializar o espolio eólico, as portas xiratorias entre a Xunta e as empresas ou a situación nas residencias de maiores". Xoán Costa, asegurou no acto que "Nós Diario depende de que haxa máis subscritoras e subscritores e máis apoio social" e sinalou que “un dos obxectivos é lograr 1.000 novas subscricións para o xornal”.
Ourense acolle esta cuarta feira, 8 de novembro, ás 20 horas, no Salón nobre do Liceo, un novo acto polos 1.000 números.
Nós Diario continúa coa súa xeira de actos de cara á publicación do seu número 1.000. Esta segunda feira foi a quenda da cidade da Coruña.