'Nós Diario' leva a Corcubión a campaña polos 1.000 números deste medio

A xira de Nós Diario pola edición do seu número 1.000 –que saíu do prelo o pasado sábado, 11 de novembro– recalou esta segunda feira en Corcubión (comarca de Fisterra), nun acto organizado pola Universidade Popular de Corcubión e polo Concello que decorreu na Capela do Pilar. No evento tomaron a palabra Rafael Mouzo, vicepresidente da Universidade Popular, Xoán Costa, presidente de Sermos Galiza –empresa editora do xornal–, e María Obelleiro, directora de Nós Diario, que puxeron en valor a necesidade da existencia o único xornal impreso en galego. A campaña polo número 1.000 deste diario continuará ao longo desta semana, visitando na terza feira Moaña (O Morrazo), na cuarta Verín, na quinta feira Vilagarcía (O Salnés) e OCarballiño na sexta feira. 

Rafael Mouzo, María Obelleiro e Xoán Costa, esta segunda feira en Corcubión. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Rafael Mouzo, María Obelleiro e Xoán Costa, esta segunda feira en Corcubión. (Foto: Nós Diario)
Comentarios