Eleccións municipais 2015

Formigueiros BNG-AA
#FORMIGUEIROSGZ

Unha rede de activistas voluntari@s apoiará nos concellos as candidaturas do BNG

A rede intégrana persoas non militantes da fronte nacionalista e dan o paso para axudar o BNG nunha campaña ‘’sen créditos bancarios e sen envío de correo masivo’’. Unha iniciativa que quer incorporar xente, ideas e compromiso.

POLÍTICA

A dirección de Ciudadanos impón non se presentar ás municipais na Coruña e Ferrol

A decisión colleu por sorpresa as agrupacións, que tentan que a xefatura da formación de Albert Rivera reconsidere a decisión.

Compromiso por Galicia
MUNICIPAIS 2015

CxG preséntase en Compostela como ‘’a verdadeira candidatura cidadá’’

Xosé Antón López, cabeza de lista, aposta na “transparencia, a participación activa e a resolución dos problemas reais da cidadanía”.

MUNICIPAIS 2015

Aspirante a candidata de Ciudadanos suxire unha fichaxe ao PP

A nova política dialoga coa vella, prefigurando talvez xa un pacto post-eleitoral. Na Coruña, Lola Prieto, aspirante a liderar a lista de Ciudadanos, propuxo ao PP a fichaxe dunha independente para a súa lista, segundo revela esta terza feira Público.Es. "Sería un puntazo".

Xosé Manuel Beiras
MUNICIPAIS 2015

Beiras preferiría a Noriega como candidato á Xunta antes que na alcaldía de Compostela

O voceiro nacional de Anova ve no xa ex-alcalde de Teo ao futuro presidente galego, inda que matizou que será un “espléndido” rexedor, nunha entrevista na Radio Galega.

(Foto: Ourense en Común)
MUNICIPAIS2015

Apenas 164 persoas votan para elixir Miguel Doval como candidato de Ourense en Común

Das 1.666 persoas convocadas para decidir o cabeza de lista da formación, só un 10% dos e das votantes participaron do novo proceso. Os abandonos de Compromiso, Anova e Podemos deixan á platafoma cidadá baixo mínimos.

Consello nacional do BNG 2015
MUNICIPAIS2015

60% de caras novas e 57% de independentes nas listas do BNG-Asambleas Abertas

“Estamos en condicións de ofrecer unha alternativa realista cun BNG que toda a cidadanía percibe como unha forza sólida, que coloca os concellos ao servizo das persoas”, asegurou Xabier Vence no Consello Nacional.

campaña
MUNICIPAIS 2015

O BNG-AA presenta unha campaña con doazóns cidadás e sen un euro da banca

“Depende de nós”, o lema de campaña do BNG-Asembleas Abertas para o 24M

Ourense xove
MUNICIPAIS 2015

O PP ilustra o seu programa 'Ourense xove' con mulleres en suxeitador

Na ilustración vese unha ringleira de homes e mulleres mais só elas aparecen medio espidas. 

MUNICIPAIS 2015

Noriega aspira a uns resultados que permitan ‘’liderar o cambio’’ en Compostela

O candidato de Compostela Aberta afirma que a xente ‘’percibe’’ que son alternativa de goberno e fala dunha polarización do voto entre a plataforma e o PP.

POLÍTICA

Anova podería abandonar Ourense en Común

A formación avaliará a súa continuidade ou saída do movemento político logo da retirada de Podemos, CxG e Iniciativa por Ourense.

Ourense
POLÍTICA

Ourense en Común elixirá o 11 de abril a orde da súa candidatura ás municipais

As persoas asinantes do manifesto vinculadas coa cidade colocarán 10 nomes acordados por consenso.