O candidato do PP á alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, deu a coñecer esta quinta feira o seu programa electoral que inclúe un apartado destinado ás propostas en materia xuvenil (páxina 44).
'Ourense xove' é o título elixido para a batería de iniciativas dirixidas á mocidade. As páxinas aparecen ilustradas cunha ringleira de persoas --de aspecto xuvenil-- entre as que se atopan numerosas mulleres, moitas delas en roupa interior ou toallas e cartaces detrás dos que se intúe a súa desnudez.
Pola contra, todos os homes do gráfico aparecen vestidos.