MUNICIPAIS 2015

Aspirante a candidata de Ciudadanos suxire unha fichaxe ao PP

A nova política dialoga coa vella, prefigurando talvez xa un pacto post-eleitoral. Na Coruña, Lola Prieto, aspirante a liderar a lista de Ciudadanos, propuxo ao PP a fichaxe dunha independente para a súa lista, segundo revela esta terza feira Público.Es. "Sería un puntazo".

Lola Prieto perfílase como unha das opcións serias de Ciudadanos como cabeza de lista na Coruña para o 24 de Marzo. É unha persoa que até o de agora non estivo na primeira fila da política local. Mais si ten contactos. No PP. Nomeadamente o deputado no Congreso, Juan de Dios Ruano.

A este parlamentar conservador Prieto dirixiu un whatsupp, ao contido do cal tivo acceso Público.Es, nos seguintes termos: "Hola Juande!! Dille a Carlos Negreira que sería un puntazo fichar a Begoña Vila como independente na lista para as eleccións locais!!! Traeríavos un monte de votos!!! Bss!!! Sempre vén ben algún sanitario nas listas. Ela é farmacéutica, analista, especialista en ortopedia e óptico optometrista!" Prieto acompañou a mensaxe con emoticóns: catro caras con guiños.

Isto trascende nun contexto en que o máis probábel é que o PP perda a maioría absoluta na Coruña -os seus portavoces non dubidan en así o recoñecer en privado- e que, portanto, precise de aliados para a completar.

Todo apunta a que xa se está a confeccionar un gabinete na sombra entre Ciudadanos e o Partido Popular na Coruña.

Comentarios