discriminación

EN RESPOSTA á MESA POLA NORMALIZACIóN LINGüíSTICA

O Centro Hípico de Casas Novas nega “discriminación ou menosprezo”

O Centro Hípico de Casas Novas vén de responderlle á Mesa pola Normalización Lingüística que as afirmacións da asociación sobre a humillación sufrida pola nena de dez anos nunha das actividades de verán “só poden deberse a una interpretación errónea dos feitos”.

Concentración diante de Casas Novas
CONCENTRACIÓN PERANTE O CENTRO HÍPICO

A Mesa esíxelle á Xunta que actúe contra Casas Novas por discriminar a nena galegofalante

Un cento de persoas concentráronse esta mañá diante das instalacións de Casas Novas (Arteixo), propiedade da familia de Amancio Ortega, para denunciar o caso da nena de 10 anos humillada no centro hípico por falar galego e para reivindicar o respecto pola lingua propia do país.

mesa
CULTURA

A Mesa denuncia en Xenebra a discriminación de España contra o galego

A Mesa leva a Xenebra casos “moi concretos e moi graves” para demostrar a discriminación lingüística que padecen as persoas falantes en galego. Perante as Nacións Unidas esixe que se respecten os seus  dereitos e solicita que se lle abra un expediente de infraccións a España.  A embaixadora de España obviou a denuncia da Mesa e negou, en xeral, a existencia de discriminación. 

MARCOS MACEIRA, PRESIDENTE DE A MESA

“A discriminación dos galego-falantes estase a coñecer no mundo”

A MNL participa na delegación de ELEN que denuncia esta quinta feira en Xenebra a vulneración de dereitos lingüísticos polo Estado español perante o Consello de Dereitos Humanos da ONU.

Ser moza, muller e galega supón unha triple discriminación

"D'aquelas que cantan as pombas e as flores, todos din que teñen alma de muller, pois eu que n'as canto, Virxe d'a Paloma, Ai!, de que a terei?" Así cuestionábase Rosalía nos seus tempos ao verse lonxe dos estereotipos establecidos no romanticismo. 

Sonia Hermida, Mª Xosé Bravo e Carme Adán
Galiza

A loita contra a discriminación de crianzas na Coruña chega ao Concello e ao Parlamento

O BNG inicia unha loita institucional contra o que definen como “ofensiva discriminatoria do PP coas crianzas que sofren diversidade funcional”. Apoian así a denuncia dunha nai afectada pola política discriminatoria do concello da Coruña. 

LINGUA

A Mesa leva á ONU a discriminación do Estado español cara @s galegofalantes

Esta viaxe viña enmarcada no EPU (Exame Periódico Universal) ao Reino de España na sala dos dereitos humanos.

Mesa
VIAXE DUNHA DELEGACIóN DA ENTIDADE GALEGA A XENEBRA

A Mesa peta esta cuarta feira na porta da ONU para denunciar a discriminación do galego

Presentará un relatorio sobre a situación lingüística en Galiza e dará conta das denuncias presentadas pola asociación nos últimos anos. 

Acto de entrega do premio a Eduard Velasco
CULTURA

O xuri dun premio literario reclama a non discriminación por normativa nos concursos

O xuri do certame Pérez Parallé sumouse á campaña “Galego em Liberdade” que promove a AGAL e reclama incluír nas bases dos concursos unha mención expresa á non discriminación pola normativa empregada. 

concentración
SOCIAL

Os manifestantes xulgados en Compostela denuncian "discriminación"

Renato Núñez afirmou na súa comparecencia xudicial que os "axentes sen identificación impedían ás persoas que falaban galego ou portaban simboloxía nacionalista" acceder á Praza do Obradoiro.

Concentración en Soutomaior
Galiza

As plataformas de emigrantes voltan ás rúas para reclamar a devolución das sancións

Dous días despois de que intentaran, sen éxito polo control policial, entregar unha carta a Rajoy en Soutomaior coas súas esixencias, a Coordinadora Nacional de Emigrantes Retornados volve ás rúas esta terza feira para esixir o fin da discriminación e a devolución das sancións, os intereses e os atrasos.

Manifestación Emigrantes Retornad@s
Galiza

Emigrantes reclaman que a Xunta presione para eliminar a discriminación fiscal

Galiza é unha grande perxudicada da discriminación fiscal ás persoas emigrantes e, por esta razón, a Coordinadora Nacional de Plataformas de Emigrantes Retornados esixiulle a Consellaría de Facenda da Xunta que presione ao goberno central para aclarar os termos da reforma de Montoro e eliminar a inxustiza das súas cotizacións. 

carme
POLÍTICA

O Parlamento aproba a primeira Lei de non discriminación LGTBi

A nova norma supón a primeira que se desenvolve a nivel territorial. Foi tiltada polas forzas da oposición como unha lei "imperfecta" mais que contribúe a "abrir camiños" na loita contra a LGTBifobia.

Documental 'Lingua galega: o orgullo e a supervivencia' ('Galician Language: Pride and Survival'
LINGUA

Un documental en inglés reflicte a discriminación que sofre a lingua galega

'Galician Language: Pride and Survival', quere dar a coñecer a lingua galega internacionalmente. A súa directora, Molly Carr, recurriu a tópicos en voz de testimuñas cunha mensaxe final optimista.
SOCIAL

Familias de Lugo peregrinan contra a ''discriminación'' das escolas rurais

As asociacións de nais e pais dos CEIP de Cervantes, Samos, O Incio, Navia de Suarna, Doiras, Becerreá e As Nogais botáronse a andar este sábado para completar a primeira das etapas en que dividiron o Camiño francés en protesta polos recortes no ensino público, que provocarán nos centros do rural o retorno ás escolas unitarias do franquismo. Chegarán a Compostela o 12 de setembro, canda o arrincar do curso