despedimento

A ministra Yolanda Díaz, hoxe, no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
TRABALLO

Díaz promete acometer a redución de xornada aínda que non a apoie a patronal e facer "disuasorio" o despedimento

Á ministra gustaríalle que ese acordo para reducir o tempo de traballo conte co apoio de sindicatos e patronal, pero non descartou a posibilidade de que sexa "bipartito" e a parte representante dos empresarios non colabore.
Rolda de prensa con representantes sindicais após coñecerse a sentenza (Foto: SLG).
TRABALLO

Unha residencia de Vilalba deberá readmitir unha empregada despedida por reivindicar mellores condicións laborais

A sentenza, coñecida esta cuarta feira, obriga a citada empresa a abonar os salarios que a muller deixou de percibir desde o momento do seu despedimento, a indemnizala por "danos morais" en concepto de 7.501 euros e a readmitir de maneira inmediata a traballadora.
Sede do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza nunha foto de arquivo. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

O TSXG determina que non é motivo de despedimento a negativa dun traballador para pasar de fixo continuo a descontinuo

Trátase da primeira vez na que a sala do social do TSXG se pronuncia sobre a conversión dun contrato fixo continuo en fixo descontinuo, motivo que, segundo o demandante, estivo detrás do seu despedimento, xustificado pola empresa por razóns de perda de carga de traballo.
Representantes dos traballadores de Nova Pescanova na mesa negociadora para o ERE. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

Nueva Pescanova propón 82 despedimentos no seu ERE, que afecta filiais de Madrid e Chapela

Foi o pasado 6 de setembro cando Nova Pescanova informou os comités de empresa e delegados sindicais a súa intención de iniciar este ERE, que xustifica "por causas económicas e organizativas" e que se cinguirá ás áreas de soporte de Chapela e Madrid.
Sede de Pescanova, en Vigo. (Foto: Europa Press).
TRABALLO

Nova Pescanova despedirá dos seus servizos centrais 100 persoas

Abanca negocia con Cooke desfacerse da pesqueira.
Protesta da CIG ante un supermercado Mercadona en Vigo (Foto: CIG).
TRABALLO

A CIG mobilízase contra os "abusos laborais e os depedimentos inxustificados" en Mercadona

Con esta protesta a central sindical quere denunciar a persecución á que foi sometida unha traballadora á que se lle rescindiu o contrato “de modo ilegal” tras máis de 12 anos na compañía.
O logo de JP Morgan Chase (Foto: Lucas Jackson).
TRABALLO

JPMorgan despide 1.000 empregados do First Republic Bank un mes despois da súa compra

O despedimento de persoal, que afectaría a aproximadamente 15% da forza laboral duns 7.000 empregados do banco rexional, sería notificado na madrugada desta sexta feira.
Sede do TSXG, na Coruña. (Foto: Xoán Roberes)
SOCIAL

Condenan un grupo de empresarios por abrir un maletín dunha traballadora á que despois despediron

Na sentenza, os maxistrados do TSXG relatan que a directora dun departamento da Confederación Empresarial de Ourense foi despedida en xaneiro de 2022, despois de que unha persoa acudise á sede da entidade para entregar un maletín que facía uns días deixara esquecido a empregada nun local de hostalaría.
Congreso dos deputados. (Foto: Congreso)
ECONOMÍA

O PSOE vota co PP en contra de recuperar a indemnización de 45 días por despedimento improcedente

O rexeitamento dos socialistas á iniciativa de ERC abre, unha vez máis, unha fenda entre os socialistas e os seus socios de Goberno e de investidura

Edificio do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (Foto: Europa Press).
TRABALLO

O TSXG declara improcedente un despedimento baseado en probas obtidas tras abrir un maletín esquecido pola traballadora

Salienta que se vulneraron os dereitos fundamentais da prexudicada porque o acceso ao seu contido non estaba lexitimado "nin coa finalidade de identificar ao seu propietario, nin coa de comprobar o que había dentro.