débeda pública

Votación dos orzamentos para 2020 no pleno (Parlamento)
POLÍTICA

Unha década de débeda pública en aumento sen apenas melloras sociais

Desde 2009 a débeda galega foi aumentando paulatinamente, unha tendencia que comparte coa doutros territorios do Estado. Fronte a unha imaxe de boa xestión da Xunta, a oposición acúsaa de ter agardado á hora de recorrer aos fondos estatais, optando polos bancos. Tamén, de ter endebedado o país sen que iso se traduza nunha mellora dos servizos públicos ou sen aumentar a presión fiscal sobre as rendas altas.  
salario soldo cartos diñeiro
ECONOMÍA

A débeda pública da Galiza continúa a subir e sitúase en 11.685 millóns de euros

Representa 18,3% do PIB, dez puntos máis que en 2009, ano no que Feixoo chegou á presidencia da Xunta.

salario soldo cartos diñeiro
ECONOMÍA

A débeda pública galega sube 294 millóns de euros nun ano

É de 11.431 millóns, equivale máis de 18% do PIB de Galiza.

salario soldo cartos diñeiro
ECONOMÍA

A débeda pública galega sobre 190 millóns de euros nun ano e sitúase en 11.549 millóns

Representa 18,6% do PIB, dez puntos máis que en 2009, ano no que Feixoo chegou á presidencia da Xunta.

Bancadas da oposición no Parlamento galego. Debate ILP Mesa pola Normalización Lingüística sobre o avanzo do galego no ámbito socio-económico.
ECONOMÍA

Pontón fala da "neolingua" de Montoro

O PSdeG concorda co BNG en que a efeitos práticos a débeda das comunidades autónomas si que será parcialmente condonada. Esa quita deixará fóra Galiza, pois o goberno galego preferiu financiarse preferentemente na banca privada, alegou Ana Pontón. En Marea, por súa parte, denunciou a sumisión de Feijóo.

Alberto Núñez Feijóo [Imaxe: Xunta]
ECONOMÍA

A débeda pública de Galiza supera os 10.850 millóns de euros e bate un novo récord

É o duplo da existente cando Núñez Feijóo chegou á Xunta, menos de 4.900 millóns de euros. Agora representa 18,5% do PIB.

Feijóo durante o acto de Balance do Goberno do PPdeG na Xunta en Castro de Rei (Lugo)
ECONOMÍA

A débeda pública de Galiza incrementouse con Núñez Feijóo nun 120%

O PP chegou á Xunta en 2009 cun endebedamento equivalente ao 8,6% do PIB. Agora é do 18,9%, 10 puntos máis. O Consello de Contas advertiu de que se podía dar un “problema sobre a sostibilidade”.

salario soldo cartos diñeiro
ECONOMÍA

A débeda pública galega bate récords e supera os 10.700 millóns de euros

Supón xa o 19% do PIB de Galiza.

500 euros diñeiro cartos
ECONOMÍA

A débeda pública galega marca un novo récord: 10.641 millóns de euros

Incrementou un 2,56% no primeiro trimestre e xa supón o 19% do produto interior bruto (PIB) de Galiza.

dolar
PAíSES RICOS/PAíSES EMERXENTES

Cales son os países máis endebedados do mundo?

Segundo os últimos dados publicados, na súa maioría de 2015, o Xapón, Eritrea, o Líbano, Jamaica, Cabo Verde e os EUA son os países de fóra de Europa máis endebedados a respeito dos seus PIB. Na eurozona, Grecia, o Estado español e Portugal encabezan a lista.

Eric Toussaint, Beiras e LIdia Senra na xornada sobre a débeda
LIDIA SENRA, EUROPARLAMENTAR DE AGE

“A débeda pública é un instrumento de chantaxe permanente”

A europarlamentar de AGE, Lidia Senra, participou na xornada sobre débeda pública organizada polo grupo GUE/NGL en Compostela. Advirte de que débeda do Estado español “é xa impagábel” e advirte de que cada crianza soporta a nivel estatal unha débeda superior a 23.000 euros.

Miguel Quinteiro
MIGUEL QUINTEIRO

"Aquí aínda ninguén deu explicacións serias sobre a desaparición das caixas"

Este activista vigués é unha das voces que este sábado tomará parte canda Eric Toussaint, Xosé M,. Beiras ou Iolanda Fresnillo, entre outros, nas xornadas ''A débeda pública. O impacto do memorando da Unión Europea', organizadas por AGEe. "“Teñen que ser os gobernos quen decida cando se emite diñeiro, para que e a que interese”, sostén.

Rolda de Prensa de Lídia Senra sobre a Débeda_2656x1494
POLÍTICA

“Hai que poñer os puntos sobre os is fronte á brutal débeda que nos endosaron a toda a cidadanía”

Unhas xornadas orgalizadas por AGEe-GUE/NGL debullarán este sábado en Compostela a débeda pública e o seu impacto para facer outras políticas. Nas mesmas tomarán parte, entre outros, Éric Toussaint.

ECONOMÍA

A débeda pública de Galiza marca un novo récord: 10.375 millóns de euros, o 18,6% do PIB

Aumentou un 110% desde a chegada de Núñez Feijóo á Xunta, en 2009.