A débeda pública galega sobre 190 millóns de euros nun ano e sitúase en 11.549 millóns

Representa 18,6% do PIB, dez puntos máis que en 2009, ano no que Feixoo chegou á presidencia da Xunta.

salario soldo cartos diñeiro
photo_camera salario soldo cartos diñeiro

A débeda pública de Galiza é no segundo trimestre de 2018 de 11.549 millóns, o que supón 200 millóns de euros menos que no trimestre anterior mais 190 millóns superior á do segundo trimestre de 2017.

Estes máis de 11.500 millóns de euros de débeda pública son case 7.000 millóns de euros máis que os que Feixoo atopou cando chegou á presidencia da Xunta, en 2009: 4.859 millóns. Entón a débeda pública representaba 8,6% do Produto Interior Bruto (PIB) e agora é 18,6%, dez puntos máis.

Desde a Xunta saliéntase que Galiza é o terceiro territorio do Estado onde a débeda pública autoómica por habitante é máis baixa: 4.272 euros por persoa. Antes da chegada de Núñez Feixoo, esa débeda autonómica per cápita era de 1.756 euros.

Comentarios