Cuba

foto_0000000120190107013547
INTERNACIONAL

Falece “el Gallego” Fernández, histórico dirixente cubano

José Ramón Fernández, máis coñecido como “El Gallego” Fernández, finou o pasado domingo 6 de xaneiro aos 95 anos de idade na Habana (Cuba). Fillo de asturianos, foi un militar chave da revolución cubana e man dereita de Fidel e Raúl Castro.

 

vladimir
Debate na Asemblea Xeral da ONU

Só Israel apoia o mantimento do bloqueo dos EUA a Cuba

Xa é unha tradición sostida ao longo dos últimos 27 anos. A Asemblea Xeral de Nacións Unidas votou esta quinta feira unha resolución contra o embargo [bloqueo] a Cuba, unha medida de guerra económica contra a maior das Antillas adoptada por J.F. Kennedy en 1960. O taboleiro de marcas foi mais unha vez contundente: 189 votos a favor do fin do bloqueo e só dous en contra, o dos EUA de Trump e o do seu fiel aliado Israel.

raul e diaz
Eleito presidente de Cuba con 99,83 por cento dos votos

Díaz-Canel: "Aquí non hai espazo para unha transición que destrúa a obra da Revolución"

Consumado o relevo, Miguel Díaz-Canel, de 57 anos, é xa o novo presidente de Cuba. No seu discurso de asunción do cargo, deixou clara a súa vontade de partillar o liderado con Raúl Castro, quen até 2021 continuará á fronte da secretaría xeral do Partido Comunista de Cuba.

Discurso del Presidente de los Consejo de Estado y Ministro Miguel Díaz Canel Bermudez
INTERNACIONAL

Discurso del Presidente de los Consejo de Estado y Ministro Miguel Díaz Canel Bermudez

Primeiro discurso de Miguel Díaz-Canel, novo presidente de Cuba.

Cuba inicia unha nova etapa

Lembranzas do Centro Galego da Habana

Fala-se espanhol em Cuba?

[Imaxe: Adria Costa/Nación Digital]  Manifestación pola liberación das presas e presos cataláns.
Análise

Catalunya, outra vez 1898

Salvando a distancia no tempo, a resposta do Estado español ás demandas do pobo garda moitas semellanzas coa súa reacción ás aspiracións das e dos nacionalistas cubanos nas décadas finais do século XIX. Debúllaas Cilia Torna nesta análise publicada no Sermos Galiza 273. Eis un extracto.

_MG_1189
Juan Martín Guevara de la Serna na Galiza

"Eu son o irmao de sangue de Ernesto e son o compañeiro de ideas do Che"

É o irmao mais novo dun mito, mais el propio ten unha historia fascinante que contar. Unha historia de militancia no Partido Revolucionario dos Traballadores, de preso político durante 8 anos nas cadeas da ditadura militar arxentina. É Juan Martín Guevara de la Serna (Córdoba, 1943). Co-autor do volume Meu irmao Che, visita o noso país convidado por Agora Galiza para oferecer palestras en Vigo, Compostela e A Coruña.

Irma en España

[Imaxe: Cubadebate]
Aniversario

Os 55 anos da II Declaración da Habana

Era o 4 de febreiro de 1962 cando o líder da Revolución Cubana, Fidel Castro, pronunciaba a II Declaración da Habana, un texto que sentou as bases para a unidade dos pobos de Latinoamérica contra o imperialismo dos EUA.

Cuba
INTERNACIONAL

Google e Cuba asinan un acordo para aumentar a velocidade de conexión á rede

A segunda empresa en cotización bursátil do planeta, Google, e a Empresa Estatal de Telecomunicacións de Cuba asinaron esta segunda feira un acordo para aumentar a velocidade de conexión na illa aos produtos do xigante tecnolóxico norteamericano.

[Imaxe: Cubate] Estudantes homenaxearon Fidel
INTERNACIONAL

A ONU e a Unesco recoñecen Fidel como símbolo de solidariedade

O pobo cubano suma o seu segundo día de dó nacional decretado polo Consello de Estado en homenaxe ao líder histórico da Revolución Cubana, Fidel Castro. O mesmo día en que estudantes da Universidade da Habana se reunían para destacar a figura de Fidel, a ONU recoñecíao expresamente como símbolo da solidariedade mundial.

Fidel Castro_Cubadebate
Fidel morre aos 90 anos

A historia xa o absolveu

Ao Comandante en Xefe, líder da Revolución cubana, non lle fai falta apelido. Era e seguirá a ser Fidel. Faleceu a sexta feira ás 22.29 horas da noite (hora local) aos 90 anos de idade. Horas após, o presidente, Raúl Castro, daba a coñecer en mensaxe televisada o falecemento do home que con tan só 33 anos comandou o Exército Rebelde en 1959.

santiagoalvarez-cuba
CULTURA

O CGAI proxecta un ciclo de documentais sobre a Revolución Cubana

Mañá terza feira dará comezo un programa ao que a filmoteca galega lle dedica oito xornadas con 38 títulos rodados entre 1959 e 1972. Un dos protagonistas será Santiago Álvarez, o gran documentalista da illa. 

Raúl Castro e Barack Obama, nunha imaxe de arquivo
INTERNACIONAL

Cuba volve ser elixido membro do Consello de Dereitos Humanos da ONU

160 votos valéronlle a Cuba para voltar ao Consello de Dereitos Humanos da ONU durante o período de 2017 a 2019. A Asemblea elixía a sexta feira, a través de sufraxio directo e secreto, 14 países para ingresar ou se manteren no órgano.

Marcelo
INTERNACIONAL

Bloco de Esquerda, a única força que não acompanhará o presidente da República na sua visita a Cuba

Marcelo Rebelo de Sousa visitará esta semana -quarta e quinta feira- Cuba, onde manterá um encontro com Raúl Castro.

Grupo Jose Manuel Diaz Iglesias. 

Jose Manuel Diaz Iglesias-Bajo
Felipe Villa-Guitarra
Alex Salgueiro-Teclado
Max Gomez-Bateria
Su Garrido-Voz
JOSÉ MANUEL DÍAZ, SINDICATO DA NOITE

“En Galiza falta que as músicas se mesturen sen ningún tipo de prexuízo”

O Sindicato da Noite presenta esta noite en Redondela o seu primeiro disco, liderado polo contrabaixista cubano José Manuel Díaz, que se pon por primeira vez aos mandos dun novo proxecto logo de colaborar con Frank Delgado, Marful, Alba María ou Guadi Galego.

[Imaxe Cubadebate] Entre Raúl Castro e Maduro, Fidel.
Acompañado de Raúl Castro e Maduro

Fidel Castro reaparece en público con motivo do seu 90º aniversario

O ex presidente cubano Fidel Castro reapareceu en público na madrugada do domingo nunha gala que tivo lugar no teatro Karl Marx da Habana polo seu 90 aniversario. O líder da revolución cubana fixo a súa aparición xunto o seu irmán e presidente cubano, Raúl Castro, e o presidente venezolano, Nicolás Maduro.

roicasal2
ROI CASAL ESTREA 'SON GALEGO, SON CUBANO'

“Temos pendente unha revisión do que significa a emigración para Galiza” 

Roi Casal estreou este domingo en Ourense o directo de 'Son galego, son cubano', un disco con letras de Neira Vilas e música caribeña con toques galaicos que quere ser unha homenaxe á historia común destes dous países e tamén ao propio escritor, que faleceu antes de ver o seu proxecto en marcha.