POLÍTICA
Ábalos fica só: a Executiva do PSOE exixe a entrega da súa acta de deputado en 24 horas polo 'caso Koldo'
26/feb./24
O grupo socialista rexistrará no Congreso, "de maneira inmediata", unha comisión de investigación para analizar a compra de material sanitario desde as administracións públicas durante a pandemia e da que se lucraría o que fora asesor do ministro e a súa 'man dereita', Koldo García.