Sanidade amplía por segunda vez a campaña de vacinación contra os virus de gripe e da Covid

A Consellaría de Sanidade acordou unha segunda ampliación, até o 26 de xaneiro, da campaña de vacinación contra a gripe e a Covid-19, que estaba prevista para concluír o día 12. Desta maneira, o sistema de autocita permanecerá habilitado tanto para as persoas de entre 12 e 59 anos que presenten algunha condición de risco, como aquelas de 60 e máis anos e de entre 6 meses e os 11 anos. As persoas que só queiran recibir a vacina da gripe poden solicitala nos seus centros de saúde. 
Unha muller vacinouse no Instituto Feiral de Vigo o 26 de outubro. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
photo_camera Unha muller vacinouse no Instituto Feiral de Vigo o 26 de outubro. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
Comentarios