Coren

Doadores

coren
SOCIAL

Activistas ecoloxistas denuncian a nocividade da gandaría industrial no rural da Galiza

Realizaron unha acción de protesta diante das instalacións de Coren no Porriño.

Aspecto do río Limia ao seu paso polo encoro das Conchas. (Foto: Nós Diario)
star
Reportaxes

A ameaza de macrogranxas na Limia

O cambio de ano trouxo unha nova polémica que segue aberta a día de hoxe. A raíz das declaracións que o ministro de consumo Alberto Garzón realizou nunha entrevista ao medio británico The Guardian, na que criticou o modelo de explotación gandeira de carácter intensivo, comunmente coñecido por "macrogranxas", volveuse pór o foco no debate sobre a problemática da dificultade de convivencia entre as granxas industriais e as tradicionais.
Imaxe de arquivo dunha granxa de polos (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Golpe xudicial á Xunta: O TSXG anula a licenza dunha macrogranxa

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza estima o recurso presentado contra a ampliación dunha macrogranxa do grupo Coren en Rairiz de Veiga por "non avaliar correctamente" as afeccións sobre o medio ambiente e a saúde humana.
Unha imaxe da cooperativa rural de gandaría ecolóxica 'As vacas da Ulloa' (Nós Diario).
ECONOMÍA

A gandaría extensiva galega a prol dun debate de fondo sobre as macrogranxas

A batalla política polas declaracións do ministro de Consumo, Alberto Garzón, a The Guardian está a abrir, unha vez máis, o debate de fondo sobre o modelo de produción agroalimentaria que se quere para o futuro.
Protesta dos traballadores de Eulen (Foto: CIG)
TRABALLO

CIG denuncia Eulen ante a Fiscalía por vulneración do dereito sindical

A central nacionalista denuncia a represión sindical exercida pola empresa nos servizos que presta no matadoiro de Coren
2016 08 06 ManifaServicarneFrigolouroPorrinho01.grande
TRABALLO

A Xustiza golpea de novo os falsos autónomos de Frigolouro

Un xulgado de Lugo recoñece a relación laboral con Frigolouro de 105 persoas que traballaban nas instalacións de Novafrigsa, ambas as dúas empresas do Grupo Coren.
Rolda de prensa conxunta dos sindicatos CCOO, UXT e CIG (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Acusan Frigolouro de abusar dos contratos de formación

Os sindicatos denuncian que a empresa do grupo Coren está a aproveitarse dos cursos de formación para evitar contratar persoal nunha época de alta producción. 
Manuel García, terceiro pola esquerda durante unha protesta do Movemento Ecoloxista da Limia (Imaxe: Europa Press).
SOCIAL

Greenpeace denuncia "as prácticas abusivas do Grupo Coren na Limia"

A comarca é un dos puntos da Galiza máis contaminados “por mor da inxente cantidade de residuos xerados pola gandería industrial”.

Mobilizacións denunciando a situación dos falsos autónomos en Novafrigsa (Nós Diario)
TRABALLO

Denuncian ameazas en Novafrigsa, do grupo Coren, contra as candidaturas da CIG e USTG

As eleccións sindicais na empresa, suspendidas pola pandemia da Covid-19, están a ser polémicas pola denuncia de represión sindical con chamadas e despedimentos como medidas de presión.
Protestas contra Servicarne (arquivo/CIG).
SOCIAL

Un xulgado recoñece a relación laboral entre un matadoiro en Castro de Rei e 167 falsas autónomas

A resolución chega tras outro recente no mesmo sentido contra Servicarne e a empresa do grupo Coren Novafrigsa. Neste caso, o xulgado ve probada a relación laboral entre as autónomas de Servicarne e do matadoiro SADA.
Manuel García, terceiro pola esquerda durante unha protesta do Movemento Ecoloxista da Limia (Imaxe: Europa Press).
SOCIAL

O activista denunciado por Coren rexeita retractarse e insiste en que hai vertidos "sen ningún tipo de control"

O acto de conciliación, no que a empresa esixiu unha rectificación pública, finalizou sen acordo entre as partes.

 

Manuel García, terceiro pola esquerda durante unha protesta do Movemento Ecoloxista da Limia (Imaxe: Europa Press).
SOCIAL

O activista ecoloxista denunciado polo Grupo Coren: "Rectificar sería unha traizón"

Un integrante do Movemento Ecoloxista da Limia foi denunciado polo Grupo Coren, que o acusa dunha intromisión ao honor por unhas declaracións nun programa de televisión. Este colectivo denuncia desde hai anos o impacto negativo da gandaría intensiva na comarca e a contaminación que provocou nas augas. 
Elvira Lama (PSOE), alcaldesa de Xinzo de Limia.
Elvira Lama, acaldesa de Xinzo de Limia

“A magnitude do problema dos xurros está aí e a saúde das persoas é prioritaria”

Elvira Lama (Xinzo de Limia, 1963) é licenciada en Xeografía e Historia pola USC. A alcaldesa de Xinzo, a primeira muller, entrou na corporación por vez primeira en 2003 co PSOE. Leva apenas catro meses no cargo xestionando a pesada herdanza de dezaseis anos do PP, mais o asunto que a ten preocupada é outra cuestión que ten a ver co desleixo de todas as Administracións por riba da local: a contaminación en augas subterráneas e superficiais, empezando polo río Limia. 
Explotación porcina na Limia. Coren. Ourense. Xurros.
SOCIAL

A Limia encalla máis unha vez no Parlamento

Unha iniciativa do Grupo Mixto para aumentar os controis sobre o tratamento dos residuos das explotacións gandeiras e decretar unha moratoria sobre as novas instalacións topa coa negativa do PP a aceptar o problema.
Auga Limpa Celanova agosto 2019
SOCIAL

Veciñanza organizada contra as malas augas na Limia

A reacción veciñal diante da reiterada contaminación do río, os encoros e os acuíferos na comarca provoca a intervención da Xunta e que a empresa Coren asuma que é unha parte importante do problema.
Esta mañá en Xinzo [Imaxe cedida]
A contaminación débese á industria cárnica

Colectivo contra a contaminación da auga denuncia que sofre coaccións en Xinzo  

A plataforma cidadá Auga limpa xa! vén de denunciar as coaccións e insultos que sufriron varios dos seus membros en Xinzo por parte dun cento veciños supostamente alentados por entidades e empresas cárnicas. Os feitos producíronse debido a que cinco persoas de Auga limpa xa! estaban a recoller firmas no marco dunha campaña informativa e de suma de apoios contra a contaminación das augas por mor dos residuos da industria cárnica.

2019-07-09_Coren_Ourense_016
TRABALLO

A xustiza anula o proceso de eleccións sindicais en Coren

A CIG afirma que a sentenza confirma que “foron unha fraude”

2019-07-09_Coren_Ourense_016
TRABALLO

A CIG protesta contra a “extorsión de Coren” aos traballadores

A CIG convocou en Ourense na mañá desta terza feira, 9 de xullo, os traballadores de Coren para protestar contra o que entende “extorsión” da empresa aos traballadores “para impedir a dignificación das condicións de traballo”. A concentración fai parte da campaña do sindicato contra a represión na cárnica que provocou o despedimento dun empregado por ir nas listas da CIG.

jose barros coren despedido imaxe da CIG
José Barros, traballador de Coren despedido

“Nunca imaxinei que me podían despedir simplemente por ir nunha candidatura sindical, nunca”

A CIG anunciaba o 27 de xuño a posta en marcha dunha campaña contra a represión sindical no grupo ourensán Coren após o despido dun candidato da central ás eleccións sindicais. Falamos co traballador despedido, José Barros: “Un mércores chamoume Recursos Humanos e pediume que non fose na candidatura da CIG, negueime a aceptar iso e o venres chamáronme para despedirme”.