Coñecer

Catasós
CULTURA

Roteiros para coñecer e defender os bosques

Os bosques galegos máis emblemáticos son o obxectivo do novo programa de roteiros que bota a andar Adega-Lugo. Dentro da campaña “Cousas de Raíces” na defensa dos bosques galegos, iniciaranse coa visita á ameazada fraga de Casas Vellas de Catasós. 

Alvia
SOCIAL

Un documentario para coñecer "a verdade" do accidente de Angrois

A asociación de vítimas Alvia 04155 lanza unha campaña de crowdfunding para producir un filme que axude a esclarecer "todas as responsabilidades" do sinistro. VÍDEO NO INTERIOR.

COMUNIDADE SERMOS

O A Fondo dá a coñecer a música clásica galega de hoxe en día

Si, existe música clásica galega, e si, existen compositoras e compositores vivos que a practican. O A Fondo desta semana (disponíbel aquí) danos a coñecer esta realidade tan talentosa como oculta. Coordina Margarita Viso, a presidenta da Asociación Galega de Compositores. 

Representantes das organizacións pro-consulta
SEMANA DECISIVA PARA GARANTIR A CONSULTA

Catalunya agarda coñecer esta semana a decisión definitiva arredor do 9-N

Os prazos apúranse para que o proceso remate definitivamente na consulta do 9-N. Hai unha enorme tensión entre as forzas políticas e moita incerteza. 

barbanza
Galiza

Concellos do Deza visitan a planta de reciclado de Lousame para coñecer alternativas a Sogama

Lalín, Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces visitaron xunto con representantes de ADEGA e expert@s na xestión de residus da Universidade da Coruña as instalacións da planta de Servia á que Rianxo xa se sumou como alternativa a Sogama. 

NGB: o bo por coñecer

O estado de ánimo dos venezuelanos cando a súa liña estatal, Viasa, foi comprada pola española Iberia foi de esperanza. Un ano despois pechaba definitivamente a aeroliña e só tres traballadores lograron cobrar a súa liquidación. Un ano tardou o magnate venezuelano en desfacerse da «boyermente» nacionalizada Galerías Preciados. Mercouna por nada e vendeuna, igual de quebrada, por moito. Galerías Preciados pechou definitivamente e imaxino que no momento da súa compra (a dedo), os seus traballadores acollerían con esperanza unha futura reestruturación que nunca chegou.

Roberto Vidal Bolaño (Foto: Quique Alvarellos)
CULTURA

Barcelona descobre a Roberto Vidal Bolaño

A Universitat Autònoma de Barcelona (UAB) acolle durante o presente mes de decembro unha exposición que pasea pola vida e obra do dramaturgo compostelá, mostra organizada por Estudis Gallecs UAB e coa que se quere achegar este autor á cidadanía catalá.

INTERNACIONAL

Audiencia Nacional nega a condición de 'español' a un doente psíquico por non coñecer Rajoy

Pronunciouse contra o recoñecemento da 'nacionalidade' a un home do Ecuador e que padece unha discapacidade psíquica porque non saber quen é Rajoy ''evidencia un insuficiente grao de integración e vínculos insuficientes''.

Cogomelos
CULTURA

Un feixe de libros para coñecer e cociñar cogomelos

A afección de ir ao monte por eles aumenta ano a ano. Agroman por toda parte e cada vez están máis na moda. Procuramos un feixe de libros para coñecelos e cociñalos. Estamos no tempo dos cogomelos. Tres con receitas e dúas guías, unha biblioteca esencial para se achegar aos froitos do monte. 

Ribeira Sacra (AGV)
CULTURA

O noso, para coñecer e gustar

Primeiro en Allariz, logo en Ribadeo, Santiago, Lugo, Vigo e Ferrol. A Asociación Galega de Viticultura bota a andar nesta terza feira as xornadas “Proba e Saborea do noso”, un programa para para coñecer o mundo que hai arredor dos nosos produtos. E para saborealo. 

Carlos Callón, nunha imaxe de arquivo
LINGUA

Maxistrado da Audiencia da Coruña di non coñecer precedente ningún do 'segundo xuízo' a Callón

Galicia Bilingüe sae en defensa do ex xuíz decano da cidade herculina, Fraga Mandián, e chama a empregar a toponimia deturpada para "decir 'no' a quienes quieren volvernos memos de remate"

Asteleiro na Galiza
ECONOMÍA

CIG Navantia pide unha reunión a Feijóo para coñecer o acordo con Pemex

"Ata que non dean explicación, nin nos remitan o texto do Acordo. non podemos entender que non sexa outra cousa que un engano máis de cara a un posible adianto das elección en outoo", sinalan desde o sindicato