Unha exposición na Universitat Autònoma achega Roberto Vidal Bolaño os cataláns

A Universitat Autònoma de Barcelona (UAB) acolle durante o presente mes de decembro unha exposición que pasea pola vida e obra do dramaturgo compostelá, mostra organizada por Estudis Gallecs UAB e coa que se quere achegar este autor á cidadanía catalá.

Roberto Vidal Bolaño (Foto: Quique Alvarellos)

Barcelona ten este mes a oportunidade de descubrir (ou lembrar) a Roberto Vidal Bolaño, e de se achegar á súa obra. Universitat Autònoma de Barcelona acolle unha exposición sobre a vida e obra do dramaturgo compostelá, mostra organizada por Estudis Gallecs UAB.

Durante todo o mes de decembro, a Facultat de Filosofia i Lletres da Universitat Autònoma de Barcelona acollerá unha exposición sobre Roberto Vidal Bolaño o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

A exposición está formada por 10 carteis que mostran unha panorámica da vida e da obra do dramaturgo de Vista Alegre (Compostela). A selección de textos e imaxes da exposición foi elaborada pola Asociación Roberto Vidal Bolaño, asociación cívica que impulsou a conmemoración deste ano como Día das Letras Galegas para Roberto Vidal Bolaño. A edición foi feita pola Xunta de Galicia.

Comentarios