Opinión

NGB: o bo por coñecer

O estado de ánimo dos venezuelanos cando a súa liña estatal, Viasa, foi comprada pola española Iberia foi de esperanza. Un ano despois pechaba definitivamente a aeroliña e só tres traballadores lograron cobrar a súa liquidación. Un ano tardou o magnate venezuelano en desfacerse da «boyermente» nacionalizada Galerías Preciados. Mercouna por nada e vendeuna, igual de quebrada, por moito. Galerías Preciados pechou definitivamente e imaxino que no momento da súa compra (a dedo), os seus traballadores acollerían con esperanza unha futura reestruturación que nunca chegou.

"A folla de vida de Escotet e da súa familia está máis próxima a un prontuario que a un currículo e a historia das finanzas de Venezuela está máis próxima á páxina de sucesos que á de economía".

A esta lista poderíamos engadir a compra de Aerolíneas Argentinas, nada máis e nada menos que polo presidente da patronal española e propietario dunha das maiores axencias de viaxes do Estado. Imaxino os arxentinos facéndoselles a boca auga pola venda. Pero todo ficou en ter palabras de santo e unllas de gato.
A compra, ou mellor dito, a venda de Novagalicia Banco ao banco venezuelano Banesco non despexa incógnitas verbo o futuro do banco ex galego.

A folla de vida de Escotet e da súa familia está máis próxima a un prontuario que a un currículo e a historia das finanzas de Venezuela está máis próxima á páxina de sucesos que á de economía.

Banesco non deixa de ser unha incógnita. Erroneamente o xornal galego La Opinión nun editorial o coloca como o primeiro banco venezuelano, cando non o foi nunca nin se aproximou nunca a esa posición e tanto Escotet coma Banesco, dentro da banca tradicional venezuelana, son polo momento foguetes de feira.

Comentarios