CIG Navantia pide unha reunión a Feijóo para coñecer o acordo con Pemex

"Ata que non dean explicación, nin nos remitan o texto do Acordo. non podemos entender que non sexa outra cousa que un engano máis de cara a un posible adianto das elección en outoo", sinalan desde o sindicato
Asteleiro na Galiza
photo_camera Asteleiro na Galiza

A sección sindical da CIG en Navantia-Ferrolvén de solicitar formalmente unha reunión co presidente da Xunta, encontro solicitado "ante as continuas informacións que se están a difundir dende a Presidencia da Xunta de Galicia en relación ao Acordo entre a petroleira Pemex e a Xunta".

A central sinala que "ata que non dean explicación, nin nos remitan o texto do Acordo. non podemos entender que non sexa outra cousa que un engano máis de cara a un posible adianto das elección en outono. Todo elo, feito dunha forma irresponsable, que non beneficia nin aos traballadores/as nin a Navantia".

A CIG reitera que a solución a curto prazo pasa pola construcción do dique. "Cuestión que só depende dunha decisión política, que continúan a adiar, e cuxa viabilidade quedou confirmada na primeira reunión da Comisión de Seguimento celebrada. Non xa non se consignan os cartos necesarios para a súa construción, senón que xa se afirma que non vai ter financiamento público algún".

Todo o anunciado, relacionado coa petroleira Pemex, se esvarece como o fume, consideran desde o sindicato nacionalista: "Primeiro íamos a participar na construción de 14 remolcadores, logo de 7, máis adiante dun barco flotel e a gora sei que imos ofertar dous quimiqueiros que nos encargaría a Armada Mexicana, xa só falta que teñan que ir pintados de gris naval (cor dos barcos de guerra)".

Comentarios