Un feixe de libros para coñecer e cociñar cogomelos

A afección de ir ao monte por eles aumenta ano a ano. Agroman por toda parte e cada vez están máis na moda. Procuramos un feixe de libros para coñecelos e cociñalos. Estamos no tempo dos cogomelos. Tres con receitas e dúas guías, unha biblioteca esencial para se achegar aos froitos do monte. 

Cogomelos
photo_camera Cogomelos

Asociacións e entidades argallan neste tempo saídas micolóxicas para visitar o monte e recoller cogomelos que agroman en terra húmida.  Conforme medra a afección aparecen máis propostas editoriais para recoñecelos e cociñalos. Achegámonos a unhas cantas, un par de guías para non se confundir e tres libros gastronómicos, un recén saído do forno, outro que nos achega á cociña de autor de Pedro Roca e un terceiro que continúa a liña de grandes nomes da nosa literatura galega que se meteron tamén na cociña para escribir, a gorentosa proposta de Helena Villar. 

-Mariona Quadrada Cogomelos. A cociña do bosque (Baia)

Con ilustracións de Josep Borrel, o máis recente libro arredor dos cogomelos ofrécenos104 receitas de todo tipo, desde arroces, ensaladas, cocas, pasteis... A autora aposta por pratos que pode facer case todo o mundo, mesmo sen ter entrado moito na cociña. Para que quen vaia ao monte poda ofrecer da propia man o produto elaborado. O libro leva un prólogo do presidente da Asociación Micolóxica Viriato, Xosé Manuel Fernández Costas que nos achega á historia da micoloxía e o mundo actual dos cogomelos na Galiza ademais de informar sobre as posibilidades dos froitos do bosque. 

 

 

-Pedro Roca e X. M. Fernández, “Os cogomelos na cociña e outras cousas”

Receitas de autor da man dun dos máis recoñecidos cociñeiros galegos. Pedro Roca alíase con Xosé Manuel Fernández para recoller un catálogo de propostas da coñecida como “nova cociña”, alén doutras elaboracións máis habituais. O libro percorre todo o traxecto desde qu

e o cogomelo está no monte até que chega aos fogóns e recolle desde recomendacións de recollida, cogomelos máis populares, técnicas para conservar e preparar e máis de 50 receitas nas que inclúe sobremesas e licores. Achéganos tamén ao traballo da Asociación Viriato. 

-Helena Villar, O sabor da terra, encontro cos cogomelos (Galaxia)

A escritora Helena Villar entra nos fogóns -espazo no que se mostra cómoda- cos aparellos da escrita para tomar parte da listaxe de grandes nomes da nosa literatura que escribiron tamén receitas. Canda Cunqueiro ou Fina Casalderrey, Helena Villar xunta as súas maneiras de preparar os cogomelos nun libro que goza tamén de recendo literario. A escritora vai ao monte e acompáñanos desde a busca de cogomelos até  axudarnos na cociña para ofrecer un resultado que convida a degustar e partillar. 

 

-Marisa Castro, Cogomelos de Galicia e Norte de Portugal (Xerais)

Completa guía a través dos cogomelos da man da bióloga e profesora da Universidade de Vigo, Marisa Castro. Nomenclatura, etimoloxía, morfoloxía, arumes, marcas de identificación, toxicidade... son algúns dos datos nos que repara a autora para nos fornecer dun completo catálogo das especies que podemos atopar nos nosos montes.  

-VVAA, Cogomelos (Baia)

Marisa Castro, Alfredo Justo e Purificación Lorenzo asinan este libro que identifica os 50 cogomelos máis comúns de Europa Occidental. Con extraordinarias ilustracións de Carlos Silvar, debuxante especializado en captar a natureza, a través de fichas con diversa información axúdanos a recoñecer os cogomel

os e distinguilos doutros cos que gardan semellanzas.

 

Comentarios