compostaxe

48 concellos teñen como obxectivo “aplicar a compostaxe como xestión do lixo co fin de cumprir as esixencias europeas e autonómicas de reciclaxe”. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O plan Revitaliza de xestión de residuos chegará a Madrid, Cáceres e Iruña

A xefa da sección de residuos, María Martínez Abraldes, participará en charlas en Madrid, Cáceres e Iruña.
Limpeza dos ríos en setembro de 2020 co Proxecto Ríos no concello de Carballo (Imaxe: Adega).
SOCIAL

Adega impulsa unhas xornadas formativas no Día da educación ambiental

A entidade ecoloxista Adega desenvolve unha xornada formativa en Ames e outra en Barreiros para conmemorar o Día da educación ambiental.
Representantes políticos na presentación do proxecto. (Foto: Sogama)
ECONOMÍA

Sogama avanza no seu plan para crear unha planta de compostaxe en Cervo

A infraestrutura, que foi adxudicada a unha unión temporal de empresas formada por Espina Obras Hidráulicas e Geoxa Xeral de Construcións, dará cobertura ao tratamento de 15 municipios da Mariña.

Vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa (Cerceda), propiedade de Sogama, que sufriu varias ampliacións. (Foto: Sogama)
SOCIAL

Galiza, á cola da reciclaxe por Sogama

A Galiza está entre os últimos territorios do Estado a nivel de reciclaxe, así como na produción de compost e no aproveitamento do refugallo que se tira mesturado no contedor verde, e boa parte da responsabilidade é de Sogama, a empresa con maioría pública que xestiona o 80% do lixo do país.
_3290487
Técnica de Amigos da Terra para a xestión de residuos

María Durán: "O compost doméstico ten resultados bos para o medio e supón un aforro para os concellos"

A Asociación ecoloxista Amigos da Terra desenvolve estes días a segunda fase do proxecto Camariñas Composta, para formar e acompañar a veciñanza no manexo de composteiros e na xestión dos residuos orgánicos do seu fogar. Unha tarefa que en 2023 será obrigada para os municipios pola nova Lei de Residuos. Sobre este tipo de actividades e a importancia e os beneficios do tratamento doméstico da materia orgánica, conversamos coa técnica de Amigos da Terra, María Durán.
Camión descargando lixo no vertedoiro de Sogama directamente
POLÍTICA

A nova lei de residuos segue co modelo Sogama

Coa nova lei de residuos os restaurantes terán que entregar as sobras das comidas á clientela, unha entrega que ha de ser en envases sen plásticos e preferentemente reutilizábeis. 
Reimundo González compostaxe (Cadema Ser)
SOCIAL

Pontevedra completa o plan de compostaxe municipal

O Concello de Pontevedra deu a coñecer onte, coincidindo coa véspera do Día Mundial do Medio Ambiente, o programa experimental Composta, dirixido á recollida de residuos orgánicos nunhas 2.000 vivendas e produtores singulares da cidade, e que está previsto poñer en march o vindeiro 1 de xullo.
Recollida selectiva de residuos en Pontevedra (Foto: pontevedra.gal)
SOCIAL

Pontevedra conseguiu reciclar en 2019 máis de 3.000 toneladas de lixo

O Concello de Pontevedra reciclou durante o ano 2019 un total de 3.086,69 toneladas de residuos, logrando a cifra máis alta neste cómputo desde 2011.

Camión descargando lixo no vertedoiro de Sogama directamente
Un modelo que favorece Naturgy

Sogama S.A., vinte anos de residuos incinerados

O 20 de xaneiro de 2000 inaugurouse a planta de Sogama en Cerceda. Esta data marcou o inicio dun modelo centralizado da xestión de residuos, cunha baixa porcentaxe de reciclaxe contraria aos obxectivos ambientais marcados pola Unión Europea.
IMG_3446 ceip Bandeira-compostaxe deputacipn de pontevedra
Manuel Domínguez, sobre o Plan Revitaliza

“Os nenos axiña se decatan de que a compostaxe é o lóxico”

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra -un proxecto impulsado polo vicepresidente da institución, César Mosquera (BNG)- ten no seu programa educativo un dos seus alicerces, unha aposta en ‘Apúntate á compostaxe’ na que tomaron parte 47 centros de ensino e na que participaron máis de 10.500 persoas, entre alumnado e profesorado. Falamos con Manuel Domínguez, biólogo e educador ambiental, é un dos responsábeis do proxecto.

depo
SOCIAL

A aposta “irreversíbel” na compostaxe en Pontevedra

As iniciativas impulsadas pola Deputación e o Concello de Pontevedra para o tratamento dos residuos orgánicos confrontan cos poucos avances nesta materia por parte do goberno galego, malia os reiterados compromisos e normativas que lle impoñen avanzar nesa dirección. Galiza só recupera, quer por reciclaxe ou compostaxe, un 20% do que recolle. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 294 de Sermos Galiza.

Composteiros caseiros
SOCIAL

Amigos da Terra asesorará a Deputación de Pontevedra en materia de compostaxe

Carme da Silva
SOCIAL

A compostaxe ábrese paso en Pontevedra

A Boa Vila xera lixo. Como todas as cidades do país e do mundo. É un dos problemas claves do futuro: que facer con todas esas toneladas de residuos que xeramos diariamente?

Vertedoiro da Areosa_Sogama
SOCIAL

Sogama, unha planta de compostaxe que non é tal

Adega denuncia a "fraude" do proxecto de licitación valorado en perto de 4 millóns de euros porque, di, non producirá compost e "incumpre" a normativa.

Comarcas

Pontevedra aposta na compostaxe

Este proxecto reabre o debate sobre un outro modelo de xestión dos residuos.

SOCIAL

Lalín aposta na compostaxe da man de Adega

O concello inicia un programa piloto na parroquia de Goiás coa que prevé aforrar 7.000 euros na xestión dos residuos. 

deputa_corunha
SOCIAL

150.000€ a dedo para que unha empresa vinculada ao Opus ensine a facer compostaxe doméstica

A entidade agraciada con este desembolso de diñeiro público realizado pola Deputación da Coruña (PP) é a Asociación galega de desenvolvemento social, Agades. Fundouse en maio de 2009 e o seu tesoureiro foi apoderado da Fesan.

Composteiros caseiros
POLÍTICA

O BNG propón en Ourense pular pola compostaxe doméstica como alternativa a Sogama

A través dun plan proposto pola asociación ecoloxista Amigos da Terra a fronte nacionalista levará ao pleno unha moción que procura unha alternativa ecolóxica ao modelo de incineración de Sogama.