Alcaldes do PSdeG súmanse ao rexeitamento de Sogama

Máis de 30 alcaldes socialistas dos 41 do PSdeG na demarcación provincial da Coruña amosaron esta sexta feira, 11 de outubro, o seu rexeitamento a Sogama. “Os concellos pagan e a Xunta decide”, consideran sobre un modelo de xestión de residuos cada vez máis contestado na Galiza.
sogama
photo_camera A planta de Sogama en Cerceda. Foto: cedida.

A resposta do Partido Socialista ten a ver co anuncio da Xunta no último Consello de goberno sobre a constitución dunha sociedade pública para “a xestión profesionalizada do ciclo completo da auga”. Os primeiros edís do PSdeG esixen participar na mesma e que os investimentos sexan de acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias. “O 50% do que recada polo canon da auga nun concello debe destinarse a mellorar nese mesmo concello as infraestruturas hidráulicas”, aducen.

O presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso entende que ese ordenamento sería “xusto” e pediu ademais integrar no Fondo Galego de Cooperación Local “todos os fondos de subvencións a concellos para asegurar a obxectividade no reparto, como fai a Deputación co plan único”. A maiores, os alcaldes do PSdeG queren empregar os remanentes de tesouraría “en investimentos que deriven en creación de emprego e actividade económica”.

Comentarios