clase traballadora

INTERNACIONAL

Após rachar as conversas co comité de empresa, haberá un ERE en TV3 que atinxirá 312 traballador@s

Corte grave no emprego nos meios de titularidade pública de Catalunya. Após rachar as conversas co comité de empresa, a Corporación Catalá de Meios Audiovisuais anuncia un ERE que atinxirá 312 traballadoras e traballadores.

Edificio da Televisión pública grega
INTERNACIONAL

Grecia bota o peche á televisión pública e pon na rúa os seus 3.000 traballadores

A radiotelevisión pública helena (ERT) deixa de emitir esta noite, e despedirá aos seus 3.000 traballadores. @s empregados inician un peche nas instalacións, apoiados por compañeiros doutras televisións

baixa médica
ECONOMÍA

Computar como produtividade dar altas a traballador@s de baixa é “contraria a dereito”

A Xustiza considera “inadmisíbel” que a Seguridade Social pague “produtividade” por dar altas médicas a traballador@s. Dúas sentenzas, válidas para todo o Estado, estiman as demandas da CIG

Protesto de operarias de Mariel
ECONOMÍA

Empresario agrede en Vigo a tres traballadoras que facían un escracho por impago de salarios

Tres persoas denuncian o propietario de Mariel Boutiques da cidade viguesa por agresións e insultos, segundo informan desde a CIG. Dúas delas tiveron que ser atendidas en urxencias após unha protesta autorizada fronte á casa do empresario

Eu non manipulo
Galiza

Traballador@s da TVG denuncian o "trato favorábel" a Conde Roa nos informativos

Traballadores do ente público denuncian que a petición da fiscalía de 2 anos de medio de prisión para o ex alcalde popular emitiuse no Telexornal de nova número 27, sen anuncialo nos titulares e durou só 25 segundos

ECONOMÍA

Lugo revóltase contra a escravitude salarial e pola dignidade d@s traballador@s e desempregad@s

A protesta é esta terza feira diante do Edificio do catastro. O obxectivo: rexeitar a proposta do Banco de España de contratar a dpersoas no paro con soldos por baixo do salario Mínimo Interprofesional. A mobilización está convocada pola Asemblea de Desempregad@s

SOCIAL

Máis do 60% d@s xornalistas da CRTVG denuncia manipulación

O comité de empresa do ente público presentou 345 sinaturas perante as catro forzas políticas con representación parlamentar reclamando a creación dun Estatuto profesional e dun Consello de informativos que velen pola imparcialidade e a veracidade das novas que se emiten na televisión e na radio galegas

José Mújica, presidente de Uruguay
POLÍTICA

Mujica: "Nun país do terceiro mundo como Uruguay un frente político 'policlasista' é umha necesidade"

Nunha entrevista no Galicia por diante, o presidente do Uruguay lanza un chamado a Europa para que "non lles rouben a liberadade" e asegura que "nun país do terceiro mundo" como Uruguay o seu "obxectivo é o desenvolvemento" mais sen que "a sociedade do consumo" nos sugue. "Hai que dedicarlle tempo á vida". Imaxes: Riobó Prada

ECONOMÍA

3.000 traballador@s do naval cortan o tráfico en Ferrol máis dunha hora para exixiren carga de traballo

O 30 de xuño remata o prazo para saber se o flotel que a Xunta comprometeu para Navantia Ferrol se constrúe finalmente neste estaleiro, tomando en conta que vendeu a Pemex a factoría de Barreras

ECONOMÍA

CIG revoga os seus 5 representantes en Dinak "por asinar un acordo contra @s traballador@s"

O Comité asinou unha proposta empresarial que rexeitaran os e as traballadoras en asemblea. A decisión da central nacionalista de revogar aos seus representantes foi refrendada pol@s operari@s

Caramelo
Galiza

Caramelo presenta un ERE para 201 traballador@s

O expediente afecta a 99 operari@s en Galiza, a gran maioría na central da empresa, ubicada na Coruña. A empresa tenr ecibido na primeira lexislatura Feijóo máis de 5 millóns de euros

ECONOMÍA

Milleiros de obreir@s do naval escenifican nun protesto a execución de Feijóo

Tamén o alcalde de Ferrol foi 'declarado culpábel e sentenzado á morte' nunha multitudinaria mobilización en que reclamaron, máis unha vez, carga de traballo

Ibex35
ECONOMÍA

As empresas do Ibex: 94% nun paraíso fiscal e só 14% compromiso cos dereitos d@s traballador@s

Un total de 33 das 35 grandes compañías do selectivo español teñen sociedades en zonas 'opacas' a Facenda. E só 10% avalía o impacto dos seus produtos e actuacións nos dereitos humanos e laborais ou ben en aspectos ambientais.

Persoas traballando nunha cadea de montaxe (Foto: Nós Diario).
Galiza

Suma e segue: 86 traballador@s ao día afectados por EREs na Galiza

No pasado mes de marzo foron 2.664 @s afectad@s, 543 máis que no mesmo período do ano anterior, un 25% máis

Agader
Galiza

A Xunta paga ás traballadoras readmitidas de Agader para estar na casa

A CIG considera que nun momento no que a Xunta está a recortar en cousas tan graves como os comedores infantís,pagar ao persoal sen darlle traballo e habendo labores que desenvolver é “unha estratexia para finalmente poder alegar que non saben onde recolalos nin que ocupación darlles”.

Pescanova
ECONOMÍA

A CNMV rexeita as contas de Pescanova e estuda sancionar ao seu presidente

A Comisión Nacional do Mercado de Valores rexeitou as contas presentadas por Pescanova. A banca acredora di que só negociará se hai un cambio no equipo xestor

seguridade
ECONOMÍA

Protestas de traballadores de seguridade após cinco meses sen cobrar e sen subrogación

Ex-traballador@s de seguridade privada de Sequor que prestan servizos en centros da Xunta en Lugo protagonizan unha vaga de mobilizacións para exixir da nova empresa adxudicataria, Prosetecnisa, que os subrogue

Alimentos lácteos
ECONOMÍA

Traballadores acusan á Xunta de atrasar deliberadamente unha solución para Alimentos Lácteos

Persoal da empresa e gandeiros concentráronse diante do Parlamento de Galiza coincidindo coa presentación en pleno de dúas preguntas sobre a situación da empresa

Atento
ECONOMÍA

Atento despide "sen xustificación algunha" a 112 traballadores do seu centro na Coruña

O comité de empresa sinalou que a única xustificación dada pola empresa é unha “suposta diminución do volume de chamadas do servizo”. Xa hai un calendario de mobiliacións até finais de abril

 

santa barbara
ECONOMÍA

Santa Bárbara: os traballadores voltan a convocar mobilizacións perante o portazo de GD á negociación

A factoría de armas da Coruña encamíñase cara ao seu peche, co despedimento dos 180 traballadores. O cadro de persoal exixe da Xunta maior presión. Esta cuarta feira, novas mobilizacións perante o portazo de General Dynamics ás negociacións.