Traballadores acusan á Xunta de atrasar deliberadamente unha solución para Alimentos Lácteos

Persoal da empresa e gandeiros concentráronse diante do Parlamento de Galiza coincidindo coa presentación en pleno de dúas preguntas sobre a situación da empresa

Alimentos lácteos
photo_camera Alimentos lácteos

Mentres as e os traballadores se concentraban ás portas do Pazo do Hórreo, unha representación asistía ao pleno para coñecer de primeira man as respostas da consellaría ás preguntas presentadas.

Ao remate, o responsábel da CIG López Carmona manifestaba a súa “decepción ante a falta de resposta ás súas demandas”, para alén de lembrar que “na entrevista mantida o martes, día 9 de abril, coa conselleira o que se lles transmitiu foi que estaban pendentes uns requisitos que a día de hoxe, tanto a empresa como os gandeiros xa presentaron”

Por iso, o representante da FGMT-CIG central nacionalista entende que “unha vez que está o Plan de Negocio, os compromisos dos produtores e os acordos das cooperativas para chegar ao leite requirido” tiña que haber xa unha resposta concreta e non novos emprazamentos para dar unha solución. 

Comentarios