Atento despide "sen xustificación algunha" a 112 traballadores do seu centro na Coruña

O comité de empresa sinalou que a única xustificación dada pola empresa é unha “suposta diminución do volume de chamadas do servizo”. Xa hai un calendario de mobiliacións até finais de abril

 

Atento

Atento Teleservicios despideu de forma fulminante e xustificación a 112 dos seus traballadores no centro que posúe na cidade da Coruña. Unha decisión unilateral que Atento xustifica nunha queda do volume de chamadas a este servizo.

Porén,esa explicación non convence ao comité de empresa, que loembra que esta diminución prodúcese como consecuencia do desvío de chamadas a outros centros de traballo, “táctica que utiliza a empresa cando quere desfacerse dun número importante de traballadores/as”.

Avaricia

Para os representantes do persoal, o despedimento destes traballadores (pertencentes ao servizo de Atención de Empresas de Movistar) só se xustifica “pola avaricia da empresa para aumentar o seu beneficio”. Por iso advirten que levarán a cabo todas as accións necesarias en defensa dos postos de traballo e “o cese dos abusos empresariais”.

O  Comité de Empresa xa convocou o seguinte calendario de concentracións, que se realizarán diante das oficinas de Atento da Rúa Juan Flórez:

-Do 9 ao 12 de abril, as 12:00 e as 20:00 horas.

-Do 15 ao 19 de abril, as 12:00 e as 19:00 horas.

-Do 22 ao 26 de abril, as 12:00 e as 19:00 horas.

Comentarios