Protestas de traballadores de seguridade após cinco meses sen cobrar e sen subrogación

Ex-traballador@s de seguridade privada de Sequor que prestan servizos en centros da Xunta en Lugo protagonizan unha vaga de mobilizacións para exixir da nova empresa adxudicataria, Prosetecnisa, que os subrogue

Ex-traballador@s de seguridade privada de Sequor que prestan servizos en centros da Xunta en Lugo (destinados no centro de menores, nas residencias LUG I e II, e outros en Ingemarma) protagonizan unha vaga de mobilizacións para exixir da nova empresa adxudicataria, Prosetecnisa, que os subrogue. A situación deste perto de 20 traballadores é dobremente dramática pois Sequor adebédalles cinco meses de salario e agora Prosetecnisa, a nova adxudicataria, non lles quere recoñecer o dereito a seren subrogados, e polo tanto a ter un emprego.

Este colectivo tamén quere que a Xunta, como titular da contrata, para que obrigue á empresa a cumprir co estabelecido en convenio e respecte os dereitos laborais deste colectivo.

Os traballadores iniciaron unha acampada indefinida ás portas do centro Santo Anxo de Rábade (Lugo), xa que a pesar de que acoden todos os días ao seu posto de traballo, dende que a nova empresa se fixo co servizo non lles permite o acceso ao centro, informan desde a CIG.

Demanda no xulgado

Para afondar aínda máis na precaria situación laboral e económica, sinalaban desde a central nacionalista, os traballadores tampouco poden acceder á prestación por desemprego porque nin teñen carta de despedimento nin certificado de empresa para tal efecto. Así as cousas, o persoal xa ten presentado demanda contra a empresa no xulgado do social 

Comentarios