Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O Dépor non conseguiu a vitoria, mais selou un partido desbocado, febril, un xogo a tumba aberta, sen concesións. Nunca o taboleiro de marcas foi máis cruel cunha equipa. O 0-0 é un resultado extraterrestre, marciano, nada a ver co que sucedeu sobre o verde. O empate é insuficiente e convoca o espectro do descenso, mais estrañamente o Dépor está vivo. O que é incomprensíbel é que demorase 30 partidos en xogar así.
Un arrebato de dignidade devolveu o Dépor ao camiño das vitorias. Após 14 partidos sen gañar, o Dépor derrotou o fechacancelas da liga nun partido para superviventes. O triunfo non garante nada e moito menos se o Levante vence este domingo en Valéncia ao Las Palmas.
A historia de sempre. Unha equipa que non é quen de competir. Que apenas ten capacidade de resposta cando encaixa gol. O Dépor cedeu tres pontos máis na súa visita a Montilivi. Apenas chutou unha vez a porta con perigo.
Ataque de treinador do holandés no capítulo 26 do campionato. Titularidade para Muntari (só disputara 12 minutos face o Espanyol). Krohn-Dehli voltou ao once após penar nas bancadas no xogo anterior. Un único punta. Non funcionou nada. Nova derrota, a 16 no que vai de liga.
Non foi o pior partido, mais foi o resultado de sempre. 14 derrotas en 23 partidos condenan a calquera. O Betis chutou unha vez entre os tres paus. Gol, un tanto precedido dun groseiro erro defensivo, unha nova desatención de Albentosa. Seedorf mostrou tamén certas fraxilidades como estratega.
Nova aposta incerta do Dépor. Chega a proba o medio centro ghanés Sulley Muntari, de 33 anos. Non xoga un partido oficial desde abril de 2017. Vén a proba.
Sétima carta en xogo de Tino Fernández, sétimo treinador en 4 anos. O presidente do Dépor ten esgotado o cupo de fracasos. Na súa apresentación esta segunda feira, Seedorf vendeu optimismo e até se reivindicou como adestrador.
Un compromiso breve. Só até o final da temporada. Ese será o vínculo en principio do treinador holandés co Dépor. Un único obxectivo: a salvación.
Nen a web nen a conta twitter do Dépor tornaron aínda oficial a fichaxe, mais desde o departamento de comunicación do clube se indicou que a chegada de Seedorf a Alvedro está prevista para as 15.30 horas.