cariño

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
Agora

Morre un home en Cariño ao envorcar o tractor que conducía

Un home morreu na mañá desta sexta feira en Cariño (Ortegal), após envorcar o vehículo que conducía e quedar atrapado debaixo. Segundo informa o 112-Galiza, ocorreu antes das 8 horas da mañá na estrada que dá acceso á canteira de Landoi, na parroquia de Feáns. A alerta deuna un particular que atopou á vítima debaixo do vehículo. Seguidamente, o 112 avisou aos bombeiros do Eume e ao GES de Ortigueira para que o puidesen liberar e facilitar a atención dos sanitarios, que non puideron facer nada por salvarlle a vida. Até o lugar dos feitos tamén acudiron axentes da Garda Civil, que colaboraron cos equipos de emerxencias para tratar de solicitar toda a información do suceso.
'Arraianos', de Sarabela Teatro. (Foto: Rubén Vilanova)
star
CULTURA

Cariño mantén unha das mostras de teatro máis antigas do país

A Mostra de Teatro Galego de Cariño chega este ano á súa 45ª edición presentando espectáculos de compañía punteiras da escena da Galiza outorgándolle a algunhas compañías estranxeiras no apartado das artes escénicas de rúa.
Visita da delegación enviada pola Unesco para avaliar o proxecto de Xeoparque de Ortegal. (Foto: Nós Diario)
Medio Ambiente

A Unesco recoñece oficialmente o Cabo Ortegal como Xeoparque Mundial

O proxecto abrangue os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño.
González Formoso esta cuarta feira en Cariño (Foto: PSdeG).
28-M

Formoso pide "votar masivamente proxectos socialistas" nun acto en Cariño

O líder dos socialistas galegos arroupou o candidato á reelección á Alcaldía polo PSdeG, José Miguel Alonso Pumar.
A primeira edición do Trofeo Xeoparque pasou por lugares espectaculares do Cabo Ortegal (Foto: Iván Noguerol).
DEPORTES

O II Trofeo Xeoparque Cabo Ortegal, un modelo de promoción a través do deporte

Gallaecia Raid volve cunha proba de orientación en bicicleta de montaña por segundo ano consecutivo a Cedeira. Nesta ocasión súmase Cariño con outra proba de sprint.
Talia Teatro
Axenda

Talia Teatro: Morte accidental dun anarquista

Esta obra de teatro, cuxo autor é Dario Fo foi escrito hai máis de 50 anos e, segundo Talia Teatro, segue a estar de moda