Morre un home en Cariño ao envorcar o tractor que conducía

Un home morreu na mañá desta sexta feira en Cariño (Ortegal), após envorcar o vehículo que conducía e quedar atrapado debaixo. Segundo informa o 112-Galiza, ocorreu antes das 8 horas da mañá na estrada que dá acceso á canteira de Landoi, na parroquia de Feáns. A alerta deuna un particular que atopou á vítima debaixo do vehículo. Seguidamente, o 112 avisou aos bombeiros do Eume e ao GES de Ortigueira para que o puidesen liberar e facilitar a atención dos sanitarios, que non puideron facer nada por salvarlle a vida. Até o lugar dos feitos tamén acudiron axentes da Garda Civil, que colaboraron cos equipos de emerxencias para tratar de solicitar toda a información do suceso.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
photo_camera Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
Comentarios