28-M

Formoso pide "votar masivamente proxectos socialistas" nun acto en Cariño

O líder dos socialistas galegos arroupou o candidato á reelección á Alcaldía polo PSdeG, José Miguel Alonso Pumar.
González Formoso esta cuarta feira en Cariño (Foto: PSdeG).
photo_camera González Formoso esta cuarta feira en Cariño (Foto: PSdeG).

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, fixo un chamamento para exercer un voto masivo polo proxecto socialista este domingo, día 28 de maio, para "abrir un novo tempo de ilusión" na Galiza, un país que "leva tempo desmoralizado e rendido".

O mandatario socialista fixo estas declaracións nun encontro cos veciños da parroquia de Landoi, no concello de Cariño.

Este escenario, onde arroupou o candidato á reelección á Alcaldía polo PSdeG, José Miguel Alonso Pumar, foi elixido polo traballo realizado na zona para a preservación ecolóxica e por estar dentro do novo Proxecto Geoparque do Cabo Ortegal.

Segundo indicou, esta forma de facer "política de calidade, a política de altura", percorrendo "cada recuncho do país" para "concretar os soños dos galegos" é o que diferencia aos socialistas dos populares.

Considera que o PP "fai política embarrando", incorporando debates alleos na campaña galega, como no caso das listas de Bildu, porque asegura que os populares "pensan que embarrando todo aquilo que nunca van gañar nas rúas, poden gañalo nos xulgados".

En referencia a unhas palabras dos populares de que vían a Abel Caballero nervioso polas eleccións en Vigo, Formoso ha replicaou que de ser así "Como de nervioso estará Rueda en Santiago?".

Cariño “no mapa”

Pola súa parte, o candidato á reelección como alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, remarcou o traballo realizado durante o seu mandato onde construíron "proxectos importantes" cun "esforzos" que cre que os veciños saberán valorar unhas urnas.

O proxecto estrela é do Xeoparque de Unesco que "porá no mapa internacional" ao Concello e ten a singularidade da "colaboración intermuncipal" de ata sete concellos e a Deputación da Coruña.

Comentarios