cambio climático

A concentración de CO2 é de 415,83 ppm este ano.
star
Ecos

Isabel II, unha progresión xeométrica

O incremento da poboación mundial segue unha progresión xeométrica, un concepto matemático simple que, polo xeral, as persoas entendemos rematadamente mal ou, simplemente, non o entendemos. Esta explosión poboacional que nos fará acadar a cifra de 8 mil millóns de persoas en novembro, o mes que vén, ten que ver tamén coas emisións de CO2 loxicamente, pero non de xeito proporcional.
As activistas, despois de lanzar sopa de tomate contra o cadro. (Foto: Just Stop Oil)
INTERNACIONAL

[VÍDEO] Activistas polo medioambiente lanzan sopa de tomate sobre 'Os Xirasois' de Van Gogh

As dúas rapazas xa foron detidas.
Unha muller e unha crianza no val do Omo, no suroeste de Etiopía, unha das zonas do planeta máis afectadas pola seca. (Foto: Programa Mundial de Alimentos)
INTERNACIONAL

A ONU reclama axuda para 345 millóns de persoas no mundo con fame aguda

Até 30% da humanidade sobrevive con inseguridade alimentaria. Para enfrontar o problema, a ONU pide un maior investimento da comunidade internacional.
Mobilización en Vigo, esta sexta feira. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A Xuventude polo Clima mobilízase na Galiza para demandar un "cambio de modelo enerxético" que poña as persoas "no centro"

"Hai que apostar por infraestruturas de enerxía renovábel, pero con responsabilidade", defenden.
"Non hai planeta B". (Foto: Nicola)
#cambioclimatico #ecoloxismo
SOCIAL

Nace a plataforma Vigo polo Clima

Os colectivos integrantes inciden na necesidade de "apostar nunha cidade sostíbel", ao tempo que acusan o Goberno local de adoptar "políticas urbanísticas contrarias" aos obxectivos climáticos.
O sur de Omo, en Etiopía, é unha das zonas máis afectadas pola seca. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Cos beneficios das petroleiras de 18 días financiaríanse todos os chamamentos humanitarios da ONU

Oxfam sostén que nos últimos 6 anos a fame extrema multiplicouse por máis de dous nos 10 países máis afectados polo cambio climático
A mortalidade das abellas do país aumentou máis de 30% nas últimas décadas. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O aumento da mortalidade das abellas pode implicar diversas consecuencias

As abellas son a primeira vítima do cambio climático.
Delegado territorial de Aemet na Galiza, Francisco A. Infante Alonso. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

"Cada vez vemos furacáns máis ao norte, máis grandes e de maior intensidade"

Nós Diario conversa co delegado territorial da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), Francisco A. Infante Alonso, sobre o furacán Danielle, a súa evolución e desprazamento. Aliás, o experto explica como están afectando o cambio climático e o quecemento global na formación de depresións e ciclóns tropicais na zona norte do Océano Atlántico.
Praia do Vao, en Vigo. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
SOCIAL

O verán foi "extremadamente cálido" na Galiza e bateu récords de temperatura históricos

A temperatura media no período estival foi de 20,7 graos centígrados, o que supón 1,6 máis que a media.
A seca deste verán, as actuais chuvias e a falta de man de obra condicionan en gran medida a vendima deste ano. (Foto: Carlos Castro, Europa Press)
ECONOMÍA

Estes son os problemas aos que se enfrontan os viticultores e viticultoras na vendima deste ano

Os cambios meteorolóxicos bruscos que estamos a vivir no país están a afectar a moitos sectores da economía, sendo un dos máis prexudicados o da viticultura. A necesidade de adiantar a vendima, a falta de man de obra, a recente seca ou as actuais chuvias son algúns dos atrancos que o mundo da uva tivo, e aínda ten, que superar, segundo a Asociación Galega de Viticultura (AGV).
Un home axuda os nenos a cruzar polas zonas inundadas. (Foto: PPI via ZUMA Press Wire / dpa)
INTERNACIONAL

Estado de emerxencia en Paquistán tras mil mortes polas inundacións

Con varias zonas do sur do país anegadas pola auga e máis de mil mortes, unha terza parte crianzas, as autoridades paquistanís decidiron declarar o estado de emerxencia.
Consello Climático nas Neves. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Cales pensa a mocidade galega que son os principais problemas climáticos?

As mozos e mozas enquisadas estiman que os problemas ambientais con maior impacto son os incendios forestais (74%), a contaminación do aire (63%) e a seca (58%).
Praia da Malvarrosa (València). (Foto: Rober Solsona / Europa Press)
INTERNACIONAL

Científicos alertan da suba da temperatura no Mediterráneo

Este verán as augas do mar Mediterráneo está a superar acotío os 30 graos centígrados por mor das ondas de calor mariñas, que poden xerar uns efectos devastadores entre as principais especies.
Os medios non adoitan relacionar a dependencia dos combustíbeis fósiles cos eventos climáticos extremos. Gasolineira inundada en Sydney. (Foto: AAPIMAGE - DPA)
star
Ecos

Lume: por unha nova narrativa

As mensaxes son todos os anos perturbadoramente similares e fan un repaso minucioso por unha serie de agravios: dende o "deixáronnos sos" ao "o rural está abandonado". Frases que trasladan unha idea de derrota e vitimismo.
O río Tíber ao seu paso por Roma (Italia). A baixada do nivel permite ver os restos da ponte construída no mandato de Nerón en Roma. (Foto:  Oliver Weiken / dpa)
INTERNACIONAL

A seca esténdese pola Unión Europea afectando os cultivos e o comercio

Francia e Alemaña ven en perigo a súa produción eléctrica.
A central térmica de Meirana, en Cerceda, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Servizo Ilustrado / Europa Press)
SOCIAL

As emisións de gases de efecto invernadoiro descenderon en 36% entre 1990 e 2020, mais segue sen ser suficiente

Para cumprir cos obxectivos climáticos de cara a 2030 a Galiza debería reducir as emisións, cando menos, en 65%.

Desincronización

Galiza 2040

"Non hai planeta B". (Foto: Nicola)
#cambioclimatico #ecoloxismo
SOCIAL

A Terra xa esgotou todos os recursos de 2022

Catar consome cada ano os recursos equivalentes a nove planetas Terra, por volta dos cinco dos EUA ou os 2,8 do Estado español, que acabou cos recursos de todo o ano o pasado 12 de maio, dúas semanas antes que en 2021.
O encoro de Belesar este domingo, 22 de agosto (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

A liña da costa galega retrocederá tres metros e a auga doce reducirase en 14%

Alerta por seca, incendios e altas temperaturas, fenómenos os tres que están a marcar este inicio de verán galego e que, advirten as persoas científicas, van facerse habituais. Un estudo do Ministerio para a Transición Ecolóxica sobre cambio climático debuxa unha Galiza en 2040 distinta á que coñecemos.