Opinión

Galiza 2040

[Xoán Costa]

A meteoroloxía forma parte inseparábel das nosas vidas. Determina o nacemento e crecemento das plantas, a recollida das colleitas. E así a referencia o refraneiro. E tamén son as condicións meteorolóxicas as que definen a saída e aterraxe dos avións que nos levan aos lugares de lecer ou de traballo. E sempre o tempo é un tema de conversa.

Desde hai anos os estudos científicos veñen advertindo sobre a necesidade de os sapiens que habitamos o planeta modificarmos os nosos hábitos de relación co entorno sob risco de este colapsar. Contra eses  informes ten habido todo tipo de reaccións, mais a realidade confirma as previsións. As derradeiras, o mar gañará tres metros á terra na costa galega nos próximos 20 anos. En 1500 quilómetros de costa 3 metros significan moito.  Haberá que tomar medidas. O Goberno non pode evitar a subida do mar mais si xestionar as augas interiores, retirando, se for preciso, a concesión ás hidroeléctricas que tanto se enriquecen coa auga que é de todos.

Comentarios