sábado 23/10/21
O GOBERNO EN FUNCIóNS PERPETúA A PASTEIRA EN PONTEVEDRA

O último favor do PP a Ence

Debruzámonos nas causas e consecuencias da prórroga concedida á planta de celulosa. 

Ence
[Imaxe Ence fóra da ría]

O tempo para resolver o futuro de Ence ten data de caducidade, o 29 de xullo de 2018, sinalada como punto final da concesión. Pero o Partido Popular, en vista dun escenario complexo para manterse ao fronte do Executivo central, decidiu selar a continuidade da fábrica de celulosas na ría de Pontevedra até o ano 2073. Unha decisión de última hora do goberno en funcións que evidencia unha vez máis a estreita relación entre os intereses privados da empresa e o partido conservador.

A prórroga evidencia máis unha vez a estreita relación entre os intereses privados de Ence e o PP

 O debate marcou as pasadas eleccións municipais, presentadas como un plebiscito. As urnas mandaron unha mensaxe contundente fronte á continuidade da pasteira nos terreos públicos de Lourizán: 17 dos 25 postos actas no consistorio, en especial coa vitoria do BNG e a relección de Miguel Anxo Fernández Lores. Pouco importou perante as manobras do PP en solitario desde San Caetano e a Moncloa.  
 
No nº181 do semanario en papel publicamos unha reportaxe a dupla páxina sobre a decisión do goberno español de conceder unha prórroga á planta de celulosa na que afondamos nas cifras de Ence e na que falan o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lorez, a Asociación Veciñal e tamén a Asociación pola defensa da ría de Pontevedra. 
 
Podes ler a íntegra no semanario en papel, disponíbel xa na nosa loxa e nos puntos de venda habituais. 

comentarios