#Sermos239: vender en precario a solidariedade

Máis un número do semanario na rúa. Entrevistamos Antón Sánchez (Anova) e o director Alberto Vázquez, falamos dos negocios falidos da Xunta, contamos como vai ser o divorcio entre Reino Unido e a UE e achegámonos á biopsia líquida. Todo isto, e máis, xa na na nosa loxa.

Bo día, tes un minuto para colaborar connosco? A pregunta repítese acotío nas principais rúas e prazas das cidades galegas. Son captadoras e captadores de socias e socios para ONG, cuxa presenza durante os últimos anos se converteu en habitual, en especial na Coruña, Vigo e Compostela. Un labor que se asocia co voluntariado, pero nada máis lonxe. As mozas e mozos que abordan os viandantes vestidos con chalecos e carpetas son en realidade persoal asalariado, a maioría nunha situación precaria e baixo condicións laborais que denuncian como “explotación”. ‘Captar en precario: como as ONG recadan fondos no país’.

SG239‘A biopsia líquida, a espía que loita contra os tumores’. A investigación do grupo Oncomet sobre o estudo de material tumoral presente no sangue sitúa Galiza na vangarda en Oncoloxía.

A presidenta de FOANPAS analiza o que agocha a pregunta “Que queres ser de maior?” e expón os condicionantes do actual sistema educativo á hora de que o alumnado elixa que estudar e a que dedicarse no futuro. ‘Que queres ser de maior?’.

En febreiro de 2016, XV Asemblea do BNG, moi poucas persoas podían prever que apenas un ano despois o Bloque afrontaría a súa cimeira número XVI dunha forma tan plácida como o irá facer esta fin de semana na Coruña. Deberes feitos, lideranza indiscutida e consenso. Así chega o BNG a Palexco. ‘A Asemblea do relanzamento, a máis tranquila do BNG’.

‘Nos orzamentos Rajoy olla para Catalunya’. Após alcanzar un acordo co PNV, a Moncloa non desbota abrir negociacións coa antiga Convergència.

“A unidade é unha ferramenta innegociábel”

Entrevistamos Antón Sánchez. Enxeñeiro agrónomo. Parlamentar. Agora novo líder de  Anova, pendente de ser nomeado como tal pola Coordenadora Nacional recentementeeleita pola III Asemblea da formación. Antón Sánchez ten perante si a complexa tarefa de substituír na portavocía nacional unha figura do relevo de Xosé Manuel Beiras. E non só iso, ten por diante o labor de fortalecer Anova e de contribuír a pacificar a convulsa unidade popular. “O que espera de nós a xente que nos apoia é a unidade”, afirma.

Colombia

O jornalista Bruno Carvalho começa com esta peça, ‘Na encruzilhada da paz’, uma série de três crónicas, a dupla página, a respeito da situação na Colômbia. Ele fala do ponto de vista privilegiado de quem tem estado com protagonistas e acontecimentos, agindo como enviado especial de Sermos Galiza.

SG239BO 29 de marzo a primeira ministra británica comunicará ao Consello Europeu a activación do artigo 50 do Tratado de Lisboa, coa que o Reino Unido porá en marcha o abandono da Unión Europea. O proceso deberá ficar finalizado antes de dous anos. ‘Así será o divorcio do Reino Unido e a UE’.

‘A independencia non quer agardar ao Brexit’. A oposición escocesa ao Brexit, que atinxiu o 62% no referendo de xuño de 2016, empurra unha nova consulta independentista. O Partido Nacionalista Escocés (SNP) tenciona que a votación teña lugar cando xa se coñezan os termos da saída do Reino Unido da UE pero antes de que esta sexa efectiva

Os millóns perdidos

En ‘Os millóns perdidos da Xunta’ falamos dos millóns de euros de diñeiro público os que se perderon nestes anos nas apostas feitas desde a Xunta de Galiza en forma de axudas, avais ou subvencións á empresa privada para proxectos que non sempre reunían todas as garantías. E hai operacións que proen especialmente. En Análise deitamos a ollada sobre a temporalidade en Europa.

E non falta á cita Fóra de Serie, con achegas e propostas, ideas e recomendacións. No selfie entrevista falamos con Cheikh Fayé, autor do blog Senegaliza. Distrito Xermar lévanos en ‘Polaroid’ a mirar fachadas. Encarna Otero debúllanos aquela Galiza de costureiras e modistas. E o colectivo Xea lévanos polas ribeiras de ríos e humidais para gozar de como florecen as árbores.

“Falta unha escola pública potente de animación”

Entrevistamos Alberto Vázquez, director de cinema, un referente da animación. Leva con el máis de cen recoñecementos. “A TVG tamén podería axudar comprando pelis e curtas, como fai a ETB vasca”.

Xerais presentaba hai uns días a primeira colección de divulgación científica en galego nunha editorial comercial. Pero este non foi o único esforzo neste eido desde que o Seminario de Estudos Galegos comezou a publicar ciencia en galego. Falomos desta nova tan impotrtante en ‘Unha débeda saldada’.

Ademais, neste número non falta a voz de achegas e colaboradores. Marilar Aleixandre, Xoán Costa, Guillerme Vázquez, Olaia Ledo. Os cadriños de Nacho Hortas e Tokio. Xulio Carballo reivindica a banda deseñada galega, a crítica literaria de Mario Regueira e a de cinema de Andrés Castro, Mónica Pazos achéganos a un libro para saber contar, Iolanda Gomis fálanos de 'Nenas, mulleres e abismos dixitais’.

Máis en Só en papel
Comentarios