#Sermos152: Unha loita desigual contra o lume

Entrevistamos ‘Todopirolos’ e Manuel Monge, falamos do independentismo en tempos de mudanza, Grecia, unha Galiza sen medios contra os incendios... todo isto e máis, neste número. Xa á venda na nosa loxa. 

unnamed

Máis un número do Sermos Galiza na nosa loxa e nos quioscos. O tema da semana é ‘Sen medios contra os incendios: denuncias dos axentes forestais’, unha reportaxe na que debullamos cal é a situación real en plena tempada alta de incendios no país.

Os pasos e conversas de cara a un Día da Patria unitario e apartidista é outro dos temas que analizamos neste número. Un 25 de xullo conxunto que está a centrar unha gran expectación nas bases do nacionalismo.

En ‘O independentismo en tempos de mudanza’: Época convulsa, de cambios, retos e interrogantes abertas. Tamén na esquerda independentista, que veu como en apenas ano e medio se disolvían tres organizacións. Voces do independentismo opinan sobre o escenario actual e futuro.

Grecia baixo a ollada dos economistas

Analizamos a crise grega con economistas, cos que falamos destas últimas semanas, da proposta das institucións, o referendo grego... de como se chegou a esta situación e que posíbeis solucións hai.

En ‘O berro da dignidade’ tratamos a viaxe da Flotilla da liberdade a Gaza e a detención da tripulación polas autoridades israelitas, incluída Ana Miranda, da Executiva do BNG.

Monge: “Os meus libros son material de combate”

Na sección de Adianto Editorial entrevistamos Manuel Monge, que vén de publicar ‘Indecencias e corruptelas’ en Edicións Corsarias, un ensaio no que o escritor coruñés analiza a actualidade dos casos de corrupción.

Tamén entrevistamos ‘Todopirolos’ a dupla páxina. Conversamos coas impulsoras desta acción ciberfeminista que está a evidenciar, através das redes sociais (Facebook e Twitter), a exclusión das mulleres dos espazos públicos. “O falocentrismo é moi real”.

En Viaxes na Miña Terra damos un paseo da man do colectivo Xea polas Terras do Miño. E no Okapi aproveitamos que o verán é unha época para viaxar para facer unha viaxe no tempo, 4.000 anos atrás, á Idade de Bonce, en Campolameiro.

Na contra-capa, “Unha porta do Rial”, un proxecto expositivo de Ehlaba e Riobó Prada que até o 16 de agosto pode contemplarse en Ourense no Centro Cultural Marcos Valcarcel da Deputación.

Máis en Só en papel
Comentarios