CON ARTIGOS DE ADOLFO MUíñOS E PAULO PORTA

A necesaria pegada de Castelao, no A Fondo

Sermos Galiza dedícalle o último número do A Fondo, que xa está dispoñíbel na nosa loxa, a Castelao, con motivo do 130 aniversario do seu nacemento, que se conmemora o 30 deste mes. O monográfico incorpora, entre outros, artigos de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, e Paulo Porta, profesor de Debuxo.

a fondo
photo_camera a fondo

Coincidindo co 130 aniversario do nacemento de Castelao, o A Fondo desta semana céntrase na obra artística dunha das figuras clave do país. Para o facer, conta con dous amplos artigos de Paulo Porta, profesor de Debuxo, e de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, así como unha entrevista a Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao.

Coordinado pola xornalista María Obelleiro, o A Fondo abre cun interesante artigo do alcalde de Rianxo, que leva todos os lectores e lectoras a percorrer os recunchos desta vila mariñeira nos que deixou a súa pegada Castelao. Así, dá conta dunha nova iniciativa do Concello, que editará unha autoguía, co aproveitamento das novas tecnoloxías, para coñecer referencias literarias, políticas, paisaxísticas e patrimoniais da obra de Castelao.

A continuación, publícase unha reseña dun artigo publicado por Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra, na revista Galegos, en 2013. Nesta información, Carlos Valle dá conta da estreita relación entre Castelao e o museo que dirixe. Segue a reseña a entrevista a Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao, quen explica o espírito da institución e os seus retos.

“A arte comprometida” é o artigo de Paulo Porta, quen nos mergulla na obra artística de Castelao para nos demostrar que a intención básica de Castelao era promover a mobilización social e non a comicidade.

Este A Fondo fecha cunha referencia á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Federación Galiza Cultura para a difusión da obra e da figura de Castelao, unha iniciativa que foi tombada polo PP no Parlamento de Galiza.

Máis en Só en papel
Comentarios