Yolanda Díaz sobre Sumar: "Isto non vai de partidos"

A candidata á Presidencia do Goberno español, concedeu unha entrevista no programa 'La Hora de la 1' da Televisión Española (TVE) en que asegurou que Podemos “terá que explicar por que decidiu quedar fóra” de Sumar.
Yolanda Díaz durante a clausura do acto de Sumar en Madrid (Foto: Carlos Luján / Europa Press).
photo_camera Yolanda Díaz durante a clausura do acto de Sumar en Madrid (Foto: Carlos Luján / Europa Press).

A vicepresidenta segunda do Goberno español, Yolanda Díaz, presentou de maneira oficial este domingo a plataforma Sumar nun acto público en Madrid en que fixo pública, de novo, a súa intención de concorrer á Presidencia do Goberno do Estado baixo o nome da nova plataforma.

Díaz estivo acompañada no acto de diferentes personalidades da política como o deputado de Más País no Congreso, Íñigo Errejón, a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, o tamén deputado de Unidas Podemos na Cámara baixa, Alberto Garzón ou o ex candidato á Presidencia da Xunta da Galiza, Antón Gómez Reino.

A candidata á Presidencia do Goberno español, concedeu unha entrevista no programa La Hora de la 1 da Televisión Española (TVE) en que asegurou que Podemos “terá que explicar por que decidiu quedar fóra” de Sumar.

“O proxecto xa está en marcha e non vai de partidos, os votos non son de ninguén, son da cidadanía" e os partidos deben estar pero non teñen que ser”, afirmou Díaz na entrevista

Non haberá 'suma' de siglas

Durante o decorrer da entrevista, Díaz asegurou que “á cidadanía non lle interesan as fórmulas xurídicas” para despois manifestar que “non vai haber suma de siglas”.

Sobre a posibilidade de que Sumar se presente ás vindeiras eleccións, a vicepresidenta do Goberno asegurou que “o proxecto de Sumar non está preparado para concorrer ás urnas”, mais si que relatou que “de aquí a xuño, presentaremos o proxecto de país para a próxima década”.

Primarias

Acerca dos procesos de democracia interna dentro da plataforma, Díaz manifestou que “quere ser a primeira presidenta de España" e que o seu movemento se someterá a "un elemento democrático de primarias".

Díaz insistiu en que será un proceso “sen tutelas” e o seu proxecto é “totalmente autónomo”. “Non somos o complemento de ninguén”, acrecentou.

Comentarios