Xosé López Orozco asegura que Gómez Besteiro "ten futuro" na política galega

O ex alcalde da cidade de Lugo, Xosé López Orozco, asegurou esta sexta feira que José Ramón Gómez Besteiro "ten futuro" na política galega.
O ex alcalde de Lugo, Xosé López Orozco (Foto: Nós Diario).
photo_camera O ex alcalde de Lugo, Xosé López Orozco (Foto: Nós Diario).

O ex alcalde da cidade de Lugo, Xosé López Orozco, asegurou esta sexta feira que José Ramón Gómez Besteiro "ten futuro" na política tras coñecerse o arquivo da Operación ‘Pulpo’ cando Besteiro era presidente da Deputación de Lugo e como secretario xeral dos socialistas galegos.

Orozco describe o ex secretario xeral "como unha persoa nova e con experiencia".

"Ten futuro"

"Xa o dixo o actual secretario xeral, Valentín González Formoso, que só está á espera do que queira", comenta. "Ten futuro", presaxiou Orozco.

O ex alcalde de Lugo apuntou ademais que tanto el propio, con dez desimputacións, como José Ramón Gómez Besteiro, pasaron por un proceso "kafkiano".

Orozco, que foi o ‘padriño político’ de Besteiro segundo certas persoas, non dubidou en certificar que este proceso e outros lles custou a ambos as súas "carreiras políticas".

"Era necesario"

"Despois de ver o que din os medios de comunicación, sobre o que di a actual xuíza que decretou o arquivo, despois dunha instrución chea de cousas raras, como pasou comigo. Era innecesario chegar a este momento", manifestou.

Sobre Besteiro pormenorizou que a investigación "nace dun anónimo que manda á xuíza a xefa da oposición na Deputación (en 2016) e que quere ser agora alcaldesa de Lugo", en alusión á popular Elena Candia.

"Se recibes un anónimo tes que pensar que dano podes facer en algo que pode ser totalmente falso. Se inicias unha instrución dun anónimo, o mesmo", sentenciou.

En ambos os casos, víronse afectados por instrucións da ex xuíza do un, Pilar de Lara, que foi apartada dos xulgados de Lugo por dilacións indebidas e agora exerce en Ponferrada.

Comentarios