A Vicepresidencia impulsa a primeira edición do Premio de Motocros Deputación de Lugo

Presentación da carreira, que puntuará para a Copa Galiza. (Foto: Deputación de Lugo).
photo_camera Presentación da carreira, que puntuará para a Copa Galiza. (Foto: Deputación de Lugo).

 A Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa a primeira edición do Premio de Motocros Deputación de Lugo, que se celebrará o vindeiro día 8 de decembro en Outeiro de Rei da man do Team Bike Outeiro.

A área de Deportes financia a organización da proba,  que contará con máis de 200 participantes e que puntuará para o Copa Galicia da modalidade e para o ranking estatal. O escenario da competición será un circuíto acondicionado no polígono de Outeiro, cun percorrido de 2,8 quilómetros, con diferentes obstáculos naturais e artificiais.

O deputado Efrén Castro, acompañado por representantes do club e da corporación municipal, presentaron a competición, a primeira destas características que se celebra na provincia de Lugo. Reunirá participantes das categorias cadete, junior, sub 23, élite e máster, masculina e feminina.

Efrén Castro: "Esta proba será un incentivo para o desenvolvemento desta modalidade"



O responsábel provincial valorou a proba como “un incentivo para o desenvolvemento desta modalidade ciclista nos clubs da provincia, que teñen nesta proba a posibilidade de competir cos mellores de Galiza desde as categorías de base” e animou a todos os afeccionados e afeccionadas ao ciclismo a achegarse ata Outeiro de Rei para seguir a proba.

O responsable de Team Bike Outeiro e responsable da proba Marcos Gascón mostrouse satisfeito coa participación acadada, con presenza de equipos de toda Galicia e lembrou que o circuíto está dispoñible desde hoxe para que adestramentos.

Comentarios