O PP escolle Manuel Baltar como senador por designación do Parlamento da Galiza

O outro senador popular por designación do Parlamento da Galiza será José Manuel Rei Varela, actual alcalde de ferrol.
O presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, con Alfonso Rueda en segundo plano, durante un acto de campaña. (Foto: Agostime / Europa Press)
photo_camera O presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, con Alfonso Rueda en segundo plano, durante un acto de campaña. (Foto: Agostime / Europa Press)

O ex presidente da Deputación de Ourense, o popular, Manuel Baltar será o próximo senador por designación do Parlamento da Galiza segundo tivo coñecemento este xornal na tarde desta segunda feira.

Baltar manterá así un cargo público tras as controversias que o afastaron de liderar a Deputación ourensá por superar amplamente o límite de velocidade mentres conducía un coche oficial.

O outro senador popular por designación do Parlamento da Galiza será José Manuel Rei Varela, actual alcalde de ferrol.

O apelido Baltar, presente

Tras deixar o seu posto na Deputación, esta Institución desprendíase do apelido Baltar após tres décadas, xa que o propio pai de Baltar, José Luis Baltar Pumar fora tamén presidente durante 22 anos.

Con todo, Baltar non perdeu contacto co seu partido, xa que foi escollido para ser responsábel político do comité de campaña do PP en Ourense de cara ás eleccións estatais do pasado domingo.

Comentarios