Feixoo evita comprometerse a consensuar coa oposición a data das eleccións

Sitúa a convocatoria electoral na Galiza dependendo da evolución da pandemia e do estado de alarma.

 

O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo (Xunta).
photo_camera O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo (Xunta).

O anuncio esta sexta feira de Iñigo Urkullu barallaba convocar as eleccións vascas en xullo axiña levou a pousar todas as miradas sobre Núñez Feixoo, que ao longo desta década optou por facer coindicir os comicios galegos cos vascos.

O presidente afirmou que as eleccións “non fan parte da axenda deste Goberno” nestes momentos, e que o Executivo está centrado na “xestión da pandemia”. Afirmou ser “consciente de que cada día que pasa é un día que agota a lexislatura” mais indicou que a convocatoria dos comicios ía depender de dous parámetros.

O primeiro, a situación do estado de alarma. O segundo, a evolución e previsión da pandemia de coronavirus. “Son parámetros que non dependen da Xunta, e este Goberno vai ser prudente e non especular sobre isto”.

Mais preguntado sobre se buscará o consenso co resto de forzas para fixar a nova data electoral, Feixoo evitou comprometerse. Limitouse a sinalar que "consultará" a oposición. Fixar o día das eleccións é unha competencia do presidente mais a cancelación dos comicios do 5 de abril pola pandemia abreu un novo escenario no que moitas voces pedían que a nova data fose consensuada. 

Comentarios