ELECCIÓNS

Todo apunta a unha segunda volta en Serbia entre Tadic e Nikolic

O reformista proeuropeo e o conservador competirán pola presidencia do país dentro de dúas semanas

O reformista proeuropeo Boris Tadic e o conservador Tomislav Nikolic competirán nunha segunda volta das eleccións presidenciais en Serbia que serealizarán dentro de dúas semanas, segundo as primeiras proxeccións.

Estas proxeccións sinalan que Tadic, líder do gobernante Partido Democrático (DS) e presidente serbio sería o vendedor da primeira volta co 27 % dos votos e Nikolic, lider da principal forza da oposición, o Partido Progresista Serbio (SNS), lograría o 25.6 % dos sufraxios.

O terceiro candidato máis votado sería o socialista Ivica Dacic, actual viceprimeiro ministro e titular de Interior, co 15.2 %. A súa postura podería ser decisiva para unha segunda volta, se decide apoiar a algún dos dous aspirantes máis votados.

Máis en Mundo
Comentarios