O chavismo consolídase nas eleccións municipais en Venezuela

O chavismo gaña en votos e número de alcaldías. As municipais en Venezuela presentábanse como un exame que Nicolás Maduro aproba.

photo_camera

O chavismo fíxose co 58,5% das alcaldías por riba da opositora MUD que só acadou o 15,82%. O presidente Nicolás Maduro valorou os resultados como “un trunfo da lealdade a Chavez”. As eleccións municipais en Venezuela presentábanse como un exame a Nicolás Maduro e o chavismo e o resultado foi aprobado. O Partido Socialista Unido de Venezuela e os seus aliados terían obtido 5.111.336 votos, é dicir, o 49,24 %. A opositora Mesa da Unidade alcanzaría 4.435.097 sufraxios, o que significa o 42,72%. A participación situaríase no 58,92%. 

Os primeiros datos ofrecidos polo Consello Nacional Electoral dábanlle ao Partido Socialista Unido de Venezuela e as súas organizacións aliadas o 58,5% das alcaldías, moi superior ao 15,82% acadado pola Mesa da Unidade Democrática. 

“Hoxe sen dúbida obtivemos unha grande vitoria, o pobo de Venezuela díxolle ao mundo que a Revolución Bolivariana continúa con máis forza que nunca”, sinalou o presidente Nicolás Maduro, para quen “nin sequera a guerra económica que armou a dereita puido coa Revolución”. 

Máis en Mundo