A esquerda gaña a primeira volta das lexislativas en Francia e podería gobernar en maioría

O Partido Socialista, con Europa Ecoloxía-Os Verdes e a Fronte de Esquerdas venceron na primeira rolda dos comicios e parten con vantaxe para ratificar a maioría absoluta

O Partido Socialista francés e os seus aliados gañaron a primeira rolda das eleccións parlamentarias e parte con toda a vantaxe para ratificar a maioría absoluta na Asemblea Nacional na segunda volta da semana que vén coa totalidade dos votos escrutados. A abstención alcanzou niveis récord: 42,7 por cento.

Os socialistas do presidente François Hollande conseguiron o 34,5 por cento dos votos fronte ao 33,9 da Unión por un Movemento Popular (UMP), cun índice de abstención do 42 por cento. A Fronte Nacional de Marine Le Pen, rebautizado Agrupación Azul Marine, obtería un 14 por cento, segundo datos do Ministerio do Interior recolleitos na prensa francesa.

Esta porcentaxe, traducido a escanos, concede aos socialistas entre 293 e 323 escanos, o que lles garante os 289 escanos necesarios para obter a maioría absoluta na cámara de 577 asentos. UMP conseguirían entre 218 e 248 escanos, por entre 0 a 2 escanos da Fronte Nacional.

En comparación coa primeira volta dos comicios lexislativos de 2007, a esquerda obtén un once por cento máis, mentres que a Fronte Nacional triplica os votos solicitados. Os Verdes obtiveron o 4,9 dos votos, entre 15 e 20 deputados, mentres que o partido de corte comunista encabezado por por Jean-Luc Mélenchon, queda co 6,5 dos votos, entre 13 e 18 escanos.

Máis en Mundo
Comentarios