Palabras con memoria: Fortalezas e debilidades

Nova edición de 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres
Fortalezas e debilidades (Foto: Nós Diario).
photo_camera Fortalezas e debilidades (Foto: Nós Diario).

apiliciado/a.- Delicado/a, enfermizo/a.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

 

cagadepé.- [Nena/o] que mostra habilidades impropias da súa idade.

Exemplo.- “Mira para este cagadepé, aínda naceu onte e xa quere gobernar nun.”

Lugar de escoita.- O Morrazo.

Fonte.- Emma Pazos Abalde.

Outros apuntamentos.- Emprégase sempre en ton irónico, e pronúnciase con gheada. Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Soledad Ríos Santomé, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

lasco/a.- Delgado/a.

Lugar de escoita.- Santa Mariña (Covelo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

tiatina.- Dise da muller con moito donaire e disposición.

Lugar de escoita.- Taboada (Lugo).

Fonte.- Lucas Rigueira Rey.

torgo.- Capacidade pulmonar para gritar.

Exemplo.- “Ten un torgo que aurisa (ou auriza) a calquera.”

Lugar de escoita.- O Barbanza.

Fonte.- Constantino Prego.

zaparrana.- Persoa que non supera obstáculos fáciles, que tropeza e cae con facilidade.

Exemplo.- “Mira que caer aquí, es ben zaparrana, oh!"

Lugar de escoita.- Barantes (Sober).

Fonte.- Ramón Sandoval.

Comentarios